Wednesday, January 18, 2012

Impulso, iniciativa, motor...

Todos precisamos un motivo para esforzarnos en mellorarnos día a día... un motivo ou un impulso que nos faga levantarnos cada día con ganas de pelexar, de non rendirse... porque se realmente non tes os suficientes proxectos coas súas respectivas metas o teu día a día volverase monótono e insípido...

... é unha dura tarefa chegar a encontrar cal é ese proxecto vital e central que precisas, que che aporta e que podes comezar a construír...

Non sabes cando vai vir e daste conta de que chegou cando pos ao teu corpo a grandes límites, someténdoo a horarios estresantes, a trens, avións, horas dando voltas as cousas... e ves que aguanta, ¿por que? Porque está loitando por algo que che importa moitísimo e que sen sabelo é o teu proxecto vital...

Sunday, December 25, 2011

Por enésima vez...

... outro intento de reactivar e recuperar esta bitácora!!

Aproveitando que agora asoma unha tempada de viaxes en tren e avión... volvo a intentar abrir este espacio de reflexión...


Tres, dous, un... partiu!

Tuesday, January 18, 2011

Hai quen di...

...que para bailar, boa música ha de soar!!

Boas de novo dende as ondas sibernéticas tentarase retomar un pouco de novo este blogue...
proxectos!! proxectos!! proxectos!! guif mi proxectos... oh mai crieixon!!

tres, dous, un... partimos!!

Tuesday, November 23, 2010

Non sei...

... moi ben si é pola nova etapa chea de proxectos teatrais, imaxino que sí, pero hoxe tiven a extraña sensación de entrar a unha tenda, que parecía transportarte tempo atrás... a un espacio cunha disposición moi teatral onde tódolos actores estaban como agardando a entrada do seguinte actor para reanudar a acción... un marchou por unha porta, outro comezou a limparse as botas o outro marchou por outra porta do escenario...

Que novas etapas veñan cargadas de soños e sensacións así!

Reinventandome, unha vez máis...

Reavivando un blogue, unha vez máis...

Gústanme os cambios...unha vez máis.

Monday, November 16, 2009

Ninguén dixo...

... que nada nesta vida fose fácil... ninguén dixo que eu non teña tempo para aprender moitas cousas...

Friday, October 09, 2009

Que cousas enchen a un?

nin teñen porque ser grandes nin teñen porque ser pequenas... nin teñen que ser materiais nin teñen porque ser inmateriais... non teñen porque ter unhas características nin teñen porque ter outras características... todo... como bo galego...
depende.

De que depende? do contexto... do momento... tanto de variables intrínsecas como extrínsecas...
un bico, unha reserva de pensión barata,a un soño e outro soño... unha aventura teatral... unha aventura de emancipación... son todas e esas grandes e pequenas aventuras as que fan que cada día me guste máis vivir así, como vivo, como son e como quero seguir sendo...






TÍTULOS DE CRÉDITO




Agradecementos a:

Mar
Karina
Lu



Friday, September 25, 2009

un,dous,tres...

...despistaste... bico

un, dous, tres... despistaste... inmortalizo o perfil...

un, dous, tres... despistaste... enguedélloche nas miñas ideas utópicas...

un, dous, tres... despistaste... rouboche o tempo...

un, dous, tres... despistaste... e lévote a un micromundo...

... que só ti e eu entendemos.