Todo comezou onte. cunha extraña sensación. a sensación de desnudarse despois de pasar moito tmepo se facelo. desnudarse completamente. sabendo da necesidade de facelo. non deixar nin unha prenda posta. sacar todo. roupa que ao mellor xa non valía. seguro que non valía. hai que cambiar de xeito de vestir de vez en cando. pois así comezou este blog. entrei nunha tenda de roupa. a única que había aberta a aquelas horas. non eran horas para cambiar a indumentaria. achegueime ao mostrador e atendeume unha extraña rapaza. tiña algo raro. si fose porque a veces non creo nestas cousas. diría que ata se asemellaba a unha fada. expliqueille dos meus anceios de cambio. e pouco a pouco foi dando pequenos retoques á miña indumentaria. ata acabar por definir a roupa que agora levo. é igual que a que vestía antes de entrar á tenda. pero é como máis floxa. é máis cómoda. déixame moverme máis cómodamente. eu incluso diría que ata se podería durmir con ela do cómoda que é. faime sentir agusto. e comprendín. que o meu era. que tiña problemas para combinar as diferentes prendas. digamos que pasei un par de meses sen saber vestir ben co que tiña. agora xa me din conta. e coido que é mellor este xeito de ver a roupa e a forma de vestir.
Si hai algo que recordo ben. era o cambio de música que houbo. na banda sonora do momento. entrei con
virus del miedo pegado ao pescozo. saín co
sí no peto.
oBrigaDo