As letras non saen soas...
Fuche musa incombustible e inconsciente á vez...
... agora, creo que non quero que o sexas...
tod@s podemos chegar a ser grandes escapistas...
Fuche musa incombustible e inconsciente á vez...
... hainos en Conxo con menos delicto... o mundo está tolírmo... non concibo un sábado de case novembro en mangas de camisa, descalzo na herba do parque de Farmacia... é incoherente!... as árbores véselles que están inmersas en tremendas dúbidas existenciais!... desnudámonos ou non nos desnudámos?¿ case mellor nos adaptamos, e cambiamos un pouco os tons da roupa e xa. é decir. volvéronse pudorosas. non fai vento. e os paxaros cantan como se esto fose aínda verán. que pasa cos paxaros?! pensan que a festa do verán aínda segue. de que van os paxaros?! que se meteron?! non concibo. aínda así, a xente é máis mecánica que o mundo animal. segue a mercar roupa e máis roupa de inverno. é o típico de outono. da igual o tempo que faga. hai que mercar roupa de inverno. o outro día vinte graos de noite, hoxe case trinta de día. en fin.
Unha sopa. [de sobre]. dous libros. un libro. Concubinas. unha cidade. compo stellae.campo estrelado. compostela. un olor. castañas na porta faxeira. unha ducia, graciñas. percorrido húmido-cultural. revisión da axenda do día. dúas obras de teatro. un filme nos compostela. dez, dez e catro cincuenta. segue chovendo. a xente non para. segue na rúa. na cidade de pedra non importa que chove. na cidade de cemento e formigón, si. cruzas a fronteira. anceias como nada no mundo chegar á casa. a fronteira non é só fronteira cromática ou ambiental. é fronteira psicolóxica. o atravesala nun ou noutro sentido pode cambiarche o humor. o agrado ou desagrado de saír á rúa. dirección norte, agrado. dirección súl, desagrado. unha cidade máxica, con sensacións máxicas...
Liña 5: Conxo/Estación/Vite
O día ten horas nas que non se pensa. horas ameba. pim pam pum. vives rápido. un, dous, tres. danzas sen compás nin patrón. agárraste a ela e non a soltas. os minutos pasan despacio. pero gozando. cóllela con forza. que ninguén te afaste dela. o seu olor inconfundible, perfume indispensable da noite. todo é máxico. ti segues a danzar. o ritmo é o de menos. quérela. queres que ese momento con ela non acabe nunca. pero de repente. sen previo aviso. marcha. arrebátancha. e ti?. non choras. eres forte. hai máis coma ela. pero o momento dela nesa noite. xa non volverá. non a verás nunca máis. o pouco tempo de noite que che quedaba por disfrutar con ela. non volverá.
acabo de releer o que acabo de escribir. que jodidamente materialista é o mundo!. non me extraña que me aílle a veces nun microcosmos diferente... "de amor y ternura" esto merecía unha canción de Ismael Serrano, mais non acho canción que me describa isto agora... mais, son os valores. o problema está nos valores que a sociedade invirte nas cousas. [punto]
Como un guante de látex... como unha lata de coca cola baleira... como un papel arrugado... como libro que lees e non volves a releer... como un dolor de muelas... como o envoltorio plástico que envolve calquera producto alimenticio e precociñado... como un plato de plástico... como un tenedor de plástico... como calquera cousa que se vos ocorra que poida ser "desechable"... e agora que fago?¿ publico?¿ non publico?¿

faltaban. non sei porque hai sete días non notei a súa ausencia. pero agora xa volven a viaxar conmigo. a compartir tempo. rúa e tolemia conmigo. dous trozos de madeira recubertos de goma de bicicleta. un trozo de aluminio recuberto de cinta aislante vermella e negra. cun cable rodeandoo. e dous rollos de goma de bicicleta en cada punta...
Os espellos non me din nada. nin me din si. nin me din non. nin me din apártate de diante miña. os espellos deberían estar prohibidos. non quero máis espellos que dous ollos que me miren. non os quero non. si puidera faríame invisible aos espellos. que ao mirar para eles non reflexaran nada. só luz. a luz é bonita. invándenme mil sensacións extrañas. gústame estar na estación en Compostela. saber que veño para aquí. falar por teléfono antes de marcharme da estación. dar e devolver perdudas. que pouca cousa me fai feliz. a que si? pero son as pequenas cousas as que fan que me aguante de pé a maior parte das veces. gústanme as pequenas cousas. gústanme as apertas. non quero escribir. pero estouno facendo simplemente porque confío en que me axude. porque podería ser un antídoto. o espidifen para o final dunha semana de dor de cabeza.
Ola bos días. quería un escravizador aínda máis agresivo e ferinte que o que teño. sería posible?. que tipo de escravizador lle gustaría levar desta volta? pois non sei. como son algo masoca. pois un que teña uns pinchos ben grandes e que amarguen ben. bueno, temos aqui un escravizador último modelo que nos acaba de chegar, é macanudo! ten como agulliñas pequenas que se che van cravando aos poucos e soltan como unha especie de veleno, non identificado aínda. Carallo!! como evolucionou o mercado dos escravizadores eh!! en dous meses que non veño por aqui. moito cambiou!. Si, a verdade é que si. Pero por outro lado ten que ver normal que evolucionase tanto. A demanda é moi grande. Xa se sabe... hai moito parvo solto polo mundo... moito parvo disposto a seguir sendo parvo e seguir escravizándose...