O relativo das medidas
As medidas non sempre son exactas... nós como seres humanos non somos capaces de medir o tempo... o tempo é relativo... o noso reloxo biolóxico fluctúa constantemente... según o noso estado de ánimo... según o tempo que paso sen verte... se fora máis preciso este reloxo non teríamos que andar con reloxos nas muñecas... non teríamos que andar sacando o móbil do peto para mirala hora... só con pensar, e botar así contas mentais da hora, xa a obteríamos... pero é que o corpo do ser humano, aínda que é unha máquina complexa, hai sempre mil cousas que o superan...
Por exemplo os ritmos... ti se de repente comezas a facer algo que normalmente non fas... por exemplo, erguerte cedo... o corpo resentirase profundamente... terás que entrenalo!!... eu creo que é un dos maiores fallos do corpo humano... que para acabar realizando satisfactoriamente moitas cousas hai que entrenalo... como eu me vou entrenando ao verán... todo o mundo en maior ou menor medida se entrena para o verán... que se ir correr para lucir tipo no verán... que si a liña... que si facemos o láser para despois non andar ás presas para ir á praia... que si nos imos poñendo morenos articialmente no solarium... que se nos imos entrenando largos fins de semana á túa ausencia... pero que difícil é o verán cando se pon!!
O ser humano é dependente. Sempre depende de algo... dalgunha sustancia... en menor ou maior grado... sempre dependemos de algo... dependemos da auga para vivir... moitos dependemos do tabaco cando estamos estresados en exames... outros dependen do chocolate... outros de drogas máis "duras"... outros dependemos das túas dez da noite... esa hora na que o tempo se me para... a rabia contida de todo o día... o envenenamento xeralizado atopa o seu antídoto... en ti.
Sabías que? Gústame conducir.
Bicos mil !!


