Wednesday, September 24, 2008

Revisando material das aulas...

Buscando un porque a todo... uns posts máis abaixo, buscando un porque á devir da vida, un porqué da nosa existencia... igual non se acadou, pero tratouse de achar polo menos.

Agora, toca revisar unha teoría que no seu momento me pareceu clara e convincente para poder falar do amor, pero que agora me descontenta en algunha das súas partes. Quizabes por non ter clara a connotación que autor da ás palabras.
A Teoría de Sternberg sobre o amor, fundamenta este baixo tres pilares: paixón, intimidade e compromiso.
Paixón... está máis ou menos clara a súa definición e forma... un componente cun marcado carácter fisiolóxico. Fai que o amor, un suposto psicolóxico sexa capaz de producir unha activación fisiolóxica no corpo de múltiples formas. Unha imaxe... o desexo irrefrenable de compartir suores coa persoa amada.
Intimidade... compartir afecto, compartir vida, compartir tempo, compartir logros e alegrías, compartir choros e fracasos... compartir.
Compromiso... non concordo. Creo que o compromiso tal e como se debe entender no amor non é unha parte diferenciada da intimidade. É decir, non é que haxa un compromiso explícito ou que sexa posible explicitar ailladamente coma os outros dous elementos... o compromiso é parte inherente da intimidade.

A paixón exprésase, a intimidade exprésase por todo aquelo que fas e compartes coa persoa amada... o compromiso non se expresa por si mesmo... ninguén di: "Vou estar contigo e non vou estar con ninguén máis porque te amo". Supónse implícitamente que alguén que comparte a súa vida coa persoa amada está comprometida con esa persoa.

E para rematar, non existe amor entre dúas persoas si non se respecta o espacio de cada unha delas... non existe amor entre dúas persoas cando unha controla a outra... non existe amor entre dúas persoas cando unha delas pretende proxectar na outra unha prolongación súa... non existe amor entre dúas persoas cando non se ama tanto as semellanzas como as diferencias da outra persoa...

Canto por aprender... pasiño a pasiño; faise o camiño