En numerosas ocasións suceden cousas ou feitos que poderían chegar a considerarse máxicos, aínda que probablemente sexan froito da propia ilusión e da sobrevaloración outorgada aos elementos constituíntes destes feitos.
Lembrar aquí, unha vez máis, o significado do adxectivo inventado, fufí... atribúese a aquela persoa que pola súa forma particular de ver a vida é capaz de facer das cousas pequenas cousas moi interesantes e de facer das cousas grandes e estresantes, cousas pequenas e insignificantes. Ademáis, este adxectivo tamén abranguería a persoas que dan todo e máis polas persoas que as rodean... son persoas, en definitiva... moi especiais. Especiais no sentido positivo, e no grao máximo que cada un lle dea a cabeza para imaxinar.
É certo que coñecer a unha persoa leva moito tempo. Pero parece que hai persoas que de seguido se lles vai coñecendo. Descubrindo un pouco máis ultimamente a unha persoa, onte decateime que ademáis de todo o que ía sabendo sobre ela, algo se me acababa de descubrir: leva a marca de ser fufí.
Precisamente onte o fun a descubrir, cando se facían dous anos de que me deixara a persoa máis fufí que coñecín nunca, aquela persoa que me ensinara tantos valores, me aguantara tanto, me criara como a outra miña nai que era. Ela, que do tan especial que era, só ela, podía ser quen de marchase o mesmo día, do mesmo mes en que nacera, só que bastantes anos despois.
É moi extraño, coincidir tanto descubrimento arredor desta data... que máis da!! creamos no divino e máxico... outros cren na intervención da divinidade de deus... pois eu creo nas axudas desa persoa tan especial, que nunca poderei olvidar.
Gracias por escoitarme...