Todos precisamos un motivo para esforzarnos en mellorarnos día a día... un motivo ou un impulso que nos faga levantarnos cada día con ganas de pelexar, de non rendirse... porque se realmente non tes os suficientes proxectos coas súas respectivas metas o teu día a día volverase monótono e insípido...
... é unha dura tarefa chegar a encontrar cal é ese proxecto vital e central que precisas, que che aporta e que podes comezar a construír...
Non sabes cando vai vir e daste conta de que chegou cando pos ao teu corpo a grandes límites, someténdoo a horarios estresantes, a trens, avións, horas dando voltas as cousas... e ves que aguanta, ¿por que? Porque está loitando por algo que che importa moitísimo e que sen sabelo é o teu proxecto vital...