Thursday, March 29, 2007

Todo esto é unha noria

últimamente tódolos días son un continuo de incertidume... de non saber nada nada do que vai pasar, onde vou acabar... o mes de marzo que está a piques de acabar foi frenético... non vivo en ningures... vivo nun cento de sitios á vez e eso é coma vivir en ningures... Santiago, Noia, Figuerido... son tres e igualmente fánseme un cento... o que menos me gusta desto... a veces paréceme que me esquezo de como se saborea Compostela... porque se non o sabedes, débese saborear aos poucos... é como o xamón pata negra... a ninguén se lle ocorrería comelo ao tolo... trozos grandísimos de vez...
de todo e de tod@s se olvida un cando vive rápido...aprendín máis neste mes, que en todo o que levamos de ano 2007... as experiencias vitais son unha escola... tal como o é estar calado, e escoitar á xente... deixando que esta che ensine cousas implícitamente...
SaBí SaBí

Saturday, March 17, 2007

Fin da ... parte

Ola, outro blog que se pecha... non teño gana de seguir escribindo... aburro... supoño que non teño nada interesante que decir... así que, é absurdo ter aberto un blog para non escribir ou no que nunca tes ganas de escribir... o fotolog seguirá aberto... as imaxes din sempre máis que mil palabras... en fin, quenes me teñades posto nos enlaces ou algo así... eu diríavos que me sacarades... total, esto vai morrer ao darlle agora a publicar...
En fin, que para saber o que penso ou como me vai, xa sabedes onde vivo se queredes algo...e senón pois nada... que teñades boa viaxe.

Friday, March 09, 2007

C'est finit

Remataron os soños con armadura de papel e aire...
Remataron os sorrisos absurdos que se escapan por simplezas...
Equivoqueime, mil e unha veces, síntoo... cando me reencarne en mono do peñón de Gibraltar fareino mellor...pero é que por outro lado, son como son e non hai máis... son como unha canción de Pereza... unhas veces daría o mundo por estar con alguén e outras... pois non faría nada...
que conste que as fluctuacións non son malas eh! para nada... son... dinámicas digamos... pois iso, eu sigo coa miña dinámica... pitupitupitupitu...

Peace and love!