Thursday, March 29, 2007

Todo esto é unha noria

últimamente tódolos días son un continuo de incertidume... de non saber nada nada do que vai pasar, onde vou acabar... o mes de marzo que está a piques de acabar foi frenético... non vivo en ningures... vivo nun cento de sitios á vez e eso é coma vivir en ningures... Santiago, Noia, Figuerido... son tres e igualmente fánseme un cento... o que menos me gusta desto... a veces paréceme que me esquezo de como se saborea Compostela... porque se non o sabedes, débese saborear aos poucos... é como o xamón pata negra... a ninguén se lle ocorrería comelo ao tolo... trozos grandísimos de vez...
de todo e de tod@s se olvida un cando vive rápido...aprendín máis neste mes, que en todo o que levamos de ano 2007... as experiencias vitais son unha escola... tal como o é estar calado, e escoitar á xente... deixando que esta che ensine cousas implícitamente...
SaBí SaBí

1 comment:

Anonymous said...

Xa vexo que ó final desidistes non pechar os teus acordeóns! alégrome, sempre tes cousas interesantes que escribir.