Sunday, January 07, 2007

E ti a que aspiras na vida?

Porque falar é moi fácil. é moi fácil rematar segundo de bacharelato, facer selectivo e entrar na carreira que che gusta... entras na carreira que queres, e moitas veces, con ambicións demasiado infantís ou surrealistas. "si, eu vou facer a especialidade de clínica e vou traballar como psicólogo clínico... non sei a ti, pero a min faime falta nota ehh!! non podo perder o tempo nesto!!". qué bonito! qué precioso! psicólogo clínico... tablas para tratar coa xente? firmeza? seguridade? empatía? porqué non... sangue frío para actuar? capacidade para non deixarse levar polas circunstancias...?¿ tes iso?! si?! a xente vive no puto mundo da gominola e teñen un piso na Rúa da Piruleta, no Edificio Lindt...
Aínda así... hainos mellores... "eu vou acabar filoloxía e entro a traballar de lingüista nunha editorial calquera" soñade nen@s, que soñar é de gratís... pártome!
A verdade é que a veces á xente era mellor que calase a decir nada... porque claro... aquí todo o mundo é moi independente... pero á hora da verdade sempre se tira man dos pais... como todo quisque ata agora pequen@s... que seguimos vivindo tod@s de nosos pais aínda que nos joda... así que, que non vaian algúns de flipados alardeando nada... e o que me critique a min... por si alguén critica algo... ou ten a necesidade de facer algún comentario destes que fai a veces a xente... como se tiveran corenta anos cotizados... "ti non sabes o que é traballar..."
pois non, non sei o que é traballar non... é decir, costaríame moito ter agora mesmo independencia económica de meus pais... seguramente acadaríaa... pero costaríame...
pero... teño outro tipo de independencia que ten moito máis valor... a emocional... "ti tela?"
Os paxaros cando saen do ovo, según van medrando no niño... teñen unha aspiración clara... voar... por eso tentan sempre a todas mans saír do niño... a miña aspiración na vida tamén é voar...
Todo ten prazos... esto tamén... dous anos e pico...
Cos pés na terra... traballando do que sexa, todo vale... mínimo de estabilidade... para un aluguer... para comer... para vivir un mínimo...
Cada un ten as súas aspiracións... outros soñaran con grandes coches e vidas de luxo... grandes placeres y caprichos sen xeito... cuestión de vidas.

4 comments:

Anonymous said...

eu vou acabar filoloxía e ser escritora. e cando poda igual me dedico a ser actriz tamén. de paso, sabes? e cando tal xa me montarei unha librería en santiago así moi bonita con pedra e madeira e tés de moitos sabores e tal... xa te pasarás algún día ou?
soñar é de gratís, pero aspirar a algo axúdache a chegar a algún lado, aínda que sexa outro diferente.

DaNe said...

eu creo que aspirar sen ter un pouco os pés na terra pode chegar a ser nun momento dado unha arma que se volva contra tí; porque a veces as aspiracións convértense en grandes ilusións... e de non cumprirse... grandes frustracións...
;b

eu quero montar un bar nesa mesma casa onde ti queres montar a libraría!! o primeiro que chegue á inmobiliaria ghaañaaaaaaaa!! xDD ;b

Anonymous said...

ou podemos poñer un negocio conxunto tipo biblioteca-bar... ;b

DaNe said...

mmm... biblioteca-bar... por cada tres consumicións tes dereito ao préstamo dun libro... xD ;b