Sunday, February 18, 2007

Alguén me debeu decir algunha vez...

...Dane o mundo non é como ti o soñas... e si mo dixeron, eu non fixen caso... e equivoqueime... hai que prestar atención ás cousas que che din a veces... non se pode ir polo mundo só co que un sabe... o día menos pensado as cousas non son como ti pensas e levas a ostia da túa vida. falando en plata.é a unha e media da mañá, levo todo o fin de semana con vómitos, dor de cabeza, mocos, estornudos, dores musculares... ou sexase... gripe... agora hai que sumar outra sintomatoloxía máis, provinte dunha doenza non precisamente pouco coñecida... estou a deshidratarme unha vez máis... como outras tantas veces... pero esta é diferente... deshidrátome por algo que non quero máis... non quero promesas que non valen nada... nin sentencias de "xa sabes o que hai"... e que é o que hai preguntome eu?... un pailán... eso é o que hai... eu quérome moi pouco, xa o sei, pero é que nestas circunstancias quérome aínda menos... e de tan pouco que me quero estou deixando de saber querer ós demáis... que será o próximo? deixar de saber dar apertas?... non, iso nunca... hai que pórlle freo...
a partir de agora todo será diferente... a miña vida sen tí pode cambiar bastante... pero a todo se afai un neste mundo... incluso á morte... confío en toda esa xente que quero e que moitas veces igual me olvidei de sabelas querer... sei que sen que eles o saiban... seguirei coa miña insípida vida... "xa sabes o que hai"

2 comments:

Anonymous said...

creo que somos nós quenes temos que darnos conta das cousas. Por moito que cho digan os demais, non vai funcionar.Nós seremos os que nos daremos un golpe contra unha parede, ou nn. Ala, un saúdo.

Anonymous said...

agora todo iso pasou e xa sabeos o que hai..e non es ningún pailán