O amianto era un tipo de fibra aillante e ignífuga que se emprega antes en construcción e na confección de traxes ignífugos. Posteriormente demostrouse que o amianto así como as fibriñas pequenas que soltaba, eran mortalmente canceríxenas. O aillamento é tamén mortal como o amianto. Estar aillado do mundo, ou parcialmente aillado, é sinónimo tamén de decaemento e perda da vida. As novas tecnoloxías non son e nunca serán capaces de suplantar ningún tipo de desaillamento, de proximidade, de calidez... as novas tecnoloxías lévannos a un aillamento obxectivo e a unha proximidade abstracta e irreal. O peor de todo, é que non podes escapar das novas tecnoloxías... quedarías aínda máis aillado do que elas te aillan... non podes apagar o móbil;ninguén te daría localizado. Como non se pode fuxir, o mellor é adaptarse, e non abusar delas.
As novas tecnoloxías son amianto emocional entre as persoas... non só aillan no espacio emocional... senón que destrúen a expresión emocional en sí mesma.
No comments:
Post a Comment