Sunday, November 25, 2007

Que qué é da miña vida?

Yo sigo con mi lucha y mis canciones... sigo crendo en cambiar o mundo, sigo crendo nun Noviembre, agora vestido como clown... creo no poder do nariz vermello, das pinturas brancas e vermellas, dos globos... un sorriso máis no mundo, é un gran de area no seu cambio...
o mundo non só se cambia a través da felicidade, dos sorrisos... o mundo ten que cambiar no amor... o mundo ten que aprender a saber amar, a dar e recibir sen complexos...
Eu, coma sempre... con máis cousas na cabeza... unha posible asociación cultural que non avanza... na que habería unha pequena compañía de teatro... animación de clowns... un novo intento por cambiar ou mover unha micra o mundo...
Que máis ten... levo anos soñando esperto, para min non é algo novo, non me extraña nada que teña que ver con iso... así que así seguirei!!

Ultimamente dinme conta que a veces falo demasiado... entón cando calo parece que me pasa algo... pero non sempre é así... moitas veces non me pasa nada, só que non teño nada que dicir, ou o que é máis frecuente: prefiro observar e escoitar... cando saes da ducha e te vistes e non digo nada e só te miro, non é que me pase nada... só é que me estou a fixar no linda que saes co pelo mollado, os tirabuzóns máis enrroscados que nunca...Pupo...
cando te levantas e te vistes e non digo nada e só te miro, non é que me pase nada... só é que me estou a fixar en ti para despois imaxinar que aínda segues a durmir ao meu carón... entón xunto imaxinación co olor da almofada, e imaxínote aínda alí...
e sí, pásame algo nesas veces que quedo calado... que me dou de conta do moito que te quero e do marabillosos que son os días sen ter que erguerse cedo... eses días de erguerse ás catro da tarde... en fins...boa penitencia che caeu con este conacheiro... v_V'

Bicos mil para todxs... non esquezades sorrir e amar sen pudor... dicir quérote a aqueles que o merecen: amigxs, familiares e parellas... e pensar que cando as cousas van mal, poden non ir peor...poden ir SaBí, SaBí !!

Saturday, November 17, 2007

Tema recurrente...

... os anos que pasan... despacio e sen decir nada...
Onte chegoume o mail este que mandou Hadri, dos vinte e pico de anos (que o noso pico é moi pequeno, non sei que decides de facernos maiores... muahaha)...
Non sei, tampouco me parece tan alarmante... sí, estamos nunha etapa con idades de transición... entre a adolescencia e a adultez... facémonos maiores, a partir de agora teremos que ser máis independentes... en algo menos de dous anos teremos que voar sós... pero é o discurrir da vida... é así... cambios e máis cambios...

Cambios de dependencia... de formas de pensar... de formas de vivir... "maneras de vivir"...

Friday, November 09, 2007

Primeiro punto...

son as seis e pico da mañá...mimá, que tajadón levo, menos mal que vin do Ruta para casiña... non paro de correxir os erros de escritura que cometo... vanseme as letras...
bueno, todo un post, para decir que...que te quero máis do normal... ou sexase... quérote con loucura... un post máis para decirche que che soño nas noites sen tí... podo pasalo de marabilla... porque realmente o paso... pero chega un momento da noite no que todo o mundo anda ao seu... que eu me acordo tanto tanto tanto tanto de ti... que non podo de deixar de imaxinarte bailando (mal como eu bailo) contigo... pechando grandes noites...
muahahahahaha
despídese de ti o teu tolo particular... ou o que está tolo por ti particularmente... todo depende como o queiras ver!!

P.D.: Perdoa polas chamadas espontáneas... agardo que non che molestasen moito... ;b

Monday, November 05, 2007

¿Que se fai...

... cando non todo na túa vida che gusta? ¿Cando che gustaría que fose máis como antes? ¿Cando te sintes só e desprazado?
Cantos dilemas, dunha vida que moitas veces non entendo... entendo o que fun... non entendo o que son nin o que serei... nin o que perdín... nin o que perdo... nin o que estou por gañar... ou perder
En fin... son días grises.
Agardo non perder o que teño que é pouco, pero moi grande á vez.

Friday, November 02, 2007

Respostando a un anónimo...

Son as 10 e media da noite, acabo de chegar de Vigo dunha actividade de Halloween... e realmente estou cansadísimo... eso de estar toda a tarde de pé abrindo e cortando calabazas é algo cansadiño...
Pois este é un post que leva como tema central pois un comentario anónimo da anterior entrada deste blog (do domingo pasado)...


Estimada anónima:
Tampouco me preocuparía que foses anónimo... mmm, comezo a deducir que moito tampouco me coñeces... así que xa vou descartando posibles candidatas...
En canto ao de defraudala... non o vexo moi viable... é decir, quéroa demasiado e o que está máis relacionado con eso... preocupome demasiado (tamén... creo e estou por asegurar... cousa que non é bo que logo me rosma por eso mesmo...) por ela, bueno, máis ben, polo seu estar... que sempre esteña ben non... mellor; que sexa do feliz, o máis, do cómoda o máis, de todo o máis...
é algo inherente a min intentar que todo o mundo esteña así, é unha forma de intentar cambiar un pouco o mundo... imaxina, que si o intento con todo o mundo... que faría por intentalo por ela! máis obviamente...
En fin, que como di ela, quererse tanto tampouco é bo... despois minucias convertense en grandes preocupacións ou pequenas preocupacións que non deberían nin ser preocupacións... pero é o que hai, efectos secundarios desta drogha...
E vou rematando que está a saír da ducha... a ver que me dixo antes, que non sei que me dixo que eu seguira ao meu... a ver si se mosqueou ou algo! agardo que non.
Déboche decir anónima, que creo que moito deso xa non tes... muahahaha...(a non ser que nos fallan as especulacións)... que ela tamén te quere moitísimo e non pasa día que non fale de ti... e de algo máis teu tamén... en fin! que este fin de semana cho vai espetar a ver si eres ti... a ver si realmente conseguimos delatar á anónima...
a saber... tamén nos podemos equivocar e entón si que quedaremos sen esquemas e sen posibles candidatas a ser esa anónima... ademáis de quedar como o cú.

Ná máis!! despídese atentamente o DaNe non anónimo... bicos mil!

P.D. (para comentarista anónima): E sí... quéroa moitísimo
P.D. (para comentarista misteriosa): Non hai como varios días coa cama ocupada para curar os días de camas baleiras...
P.D. (para comentarisa plastidecor,ou sexase nOa): Eu ata diría máis... estou completamente enganchadírmo... e que? peores males hai na vida... e mentres este dure... benvido sexa!;b