Agora din que os delfíns teñen conductas sexuais de aproximación como outros animais, véxanse os humanos (os cales gastan en bombóns, xoias, roupas caras, flores e un sinfín de máis trapalladas) ou as palomas ou os pavos (os cales se esforzan en facer voluminosos bailes).
Pois si, os delfíns tamén teñen detalles con quen pretenden... ramiñas, algas e pedriñas... descubrírono uns científicos que a verdade non debían ter moito que facer para poñerse a investigar isto... ou debían ter tanto que facer como os científicos do Acquarium Finisterrae que investigaron sobre a copulación dos percebes, botando por terra o mito do carallo do percebe galego... que mal me parece.
A verdade é que me pareceu curiosa a noticia dos delfíns que apareceu en A3, agora nas noticias da noite... xa se sabe o noticiario de A3 é igual como o dos Simpson, con cousas absurdas... e con Matías Prats ao estilo Ken Brookman...
Aínda que creo que o que se debería investigar (pode parecer deformación profesional, pero tampouco creo que o sexa, preguntarme eso)... é porque o facemos nós, porque o ser humano é tan absurdo de intentar convencer da súa valía como persoa coa que compartir tempo, a través de regalos... a xente non é mellor por regalar máis cousas ou ter máis detalles materiais... o importante son os detalles non materiais... eses regalos inconscientes que os amantes se fan mutuamente; pequenas cousas do día a día que se deberían considerar regalos...
Eu a verdade, é que falo dende unha perspectiva pouco realista cando falo acerca dos agasallos... cantas cousas non levo regaladas en parvuliños (flores silvestres, debuxos, etc.) a compañeiras e docentes... sen ter resposta... quen sabe, igual todo o romanticismo materialista se me truncou aí... por eso agora son de regalar máis ben pouco nestes menesteres de l'amour... aínda que por outro lado, sempre ando sen un can e co bolsillo e a conta peladiños... eu regalo tempo, abrazos, bicos e aloumiños. É o único que teño para ofrecer, quen o queira ben, e quen non tamén...
SaBí SaBí !!
P.D.: Noghüinha... tulinho de todo chi v_V' ... a ver cando pasas tomar algo por Santiago D.C. !! ;b
P.D.1: Princesiña Pupooooo... quérote moito e ata diría máis... teño debilidade por ti!! muahaha... mira que ti tamén pensas de carallo ehh!! se preguntaras en vez de barallar... muaks rula!! ;b
1 comment:
Pois eu debo ser moi rara, ou moi becho. Moi rara, porque que me galanteen con regalos non me chista, pois para regalar hai que coñecer á persoa, e cando galanteas aínda non a coñeces, os regalos despois, unha vez gañada, e non por datas, senón porque sí e cando che peta.
E moi becho, porque a min nunca me regalaron nada no proceso de ir ás xaneiras...non sei, jeje.
Post a Comment