Tuesday, December 25, 2007

Carta aos Reis Magos

Queridos Reis Magos:

O que eu quero para este Nadal non é algo material concretamente. O que quero é que me alonguedes as noites estas de entresemana, esto é, que as oito e media da mañá, non sexan tan rápido. Si é moi difícil eso de alongar a noite e cambiar as oito e media da mañá de sitio, confórmome con que fagades que o decanato de Odontoloxía retrase unha hora o comezo das clases, ou no mellor dos casos, dúas. Pero para a segunda opción tamén teríades que falar co decanato de Psicoloxía, e comentarlle a Coqui a posibilidade de empezar unha hora máis tarde as clases, ás once en vez de ás dez. Tamén me valería con que lle dixesedes a Dosil que os luns non pasase o papeliño.
A ver se podedes facer algo, porque o único que lle falta a esas noites para ser perfectas é ser máis longas... ou visto doutro xeito... o único malo que teñen esas noites é que se fan moi curtas... menos mal que hai mañás de fin de semana longas, longas... e polo tanto curativas das outras mañás.
¿Podo pedir en nome doutra persoa tamén? Si é que si que podo, pido roncar máis baixiño ou directamente non roncar nadiña.

Sen máis, recibide unha forte aperta do Dane!

2 comments:

Noa said...

que moñas es dane! ;b

DaNe said...

que se lle vai facer!:-) ;b