Que qué é da miña vida?
Yo sigo con mi lucha y mis canciones... sigo crendo en cambiar o mundo, sigo crendo nun Noviembre, agora vestido como clown... creo no poder do nariz vermello, das pinturas brancas e vermellas, dos globos... un sorriso máis no mundo, é un gran de area no seu cambio...
o mundo non só se cambia a través da felicidade, dos sorrisos... o mundo ten que cambiar no amor... o mundo ten que aprender a saber amar, a dar e recibir sen complexos...
Eu, coma sempre... con máis cousas na cabeza... unha posible asociación cultural que non avanza... na que habería unha pequena compañía de teatro... animación de clowns... un novo intento por cambiar ou mover unha micra o mundo...
Que máis ten... levo anos soñando esperto, para min non é algo novo, non me extraña nada que teña que ver con iso... así que así seguirei!!
Ultimamente dinme conta que a veces falo demasiado... entón cando calo parece que me pasa algo... pero non sempre é así... moitas veces non me pasa nada, só que non teño nada que dicir, ou o que é máis frecuente: prefiro observar e escoitar... cando saes da ducha e te vistes e non digo nada e só te miro, non é que me pase nada... só é que me estou a fixar no linda que saes co pelo mollado, os tirabuzóns máis enrroscados que nunca...Pupo...
cando te levantas e te vistes e non digo nada e só te miro, non é que me pase nada... só é que me estou a fixar en ti para despois imaxinar que aínda segues a durmir ao meu carón... entón xunto imaxinación co olor da almofada, e imaxínote aínda alí...
e sí, pásame algo nesas veces que quedo calado... que me dou de conta do moito que te quero e do marabillosos que son os días sen ter que erguerse cedo... eses días de erguerse ás catro da tarde... en fins...boa penitencia che caeu con este conacheiro... v_V'
Bicos mil para todxs... non esquezades sorrir e amar sen pudor... dicir quérote a aqueles que o merecen: amigxs, familiares e parellas... e pensar que cando as cousas van mal, poden non ir peor...poden ir SaBí, SaBí !!


