Friday, October 09, 2009

Que cousas enchen a un?

nin teñen porque ser grandes nin teñen porque ser pequenas... nin teñen que ser materiais nin teñen porque ser inmateriais... non teñen porque ter unhas características nin teñen porque ter outras características... todo... como bo galego...
depende.

De que depende? do contexto... do momento... tanto de variables intrínsecas como extrínsecas...
un bico, unha reserva de pensión barata,a un soño e outro soño... unha aventura teatral... unha aventura de emancipación... son todas e esas grandes e pequenas aventuras as que fan que cada día me guste máis vivir así, como vivo, como son e como quero seguir sendo...






TÍTULOS DE CRÉDITO




Agradecementos a:

Mar
Karina
Lu



Friday, September 25, 2009

un,dous,tres...

...despistaste... bico

un, dous, tres... despistaste... inmortalizo o perfil...

un, dous, tres... despistaste... enguedélloche nas miñas ideas utópicas...

un, dous, tres... despistaste... rouboche o tempo...

un, dous, tres... despistaste... e lévote a un micromundo...

... que só ti e eu entendemos.

Tuesday, August 25, 2009

Hoxe...

escribiría as pasteladas máis grandes do mundo si me puxera... pero a verdade é que tampouco é escribir o que me apetece... senón imaxinar...
imaxinar que as mans se me deslizan abertas subindo pola túa espalda... apretando con forza ao chegar aos ombreiros... achegarme á túa nuca... dar un breve soplido que acabe en bico...


encántame ter un blog abandonado...

Monday, May 18, 2009

Por aí din...

... que equivocarse e rectificar é de sabios. Hoxe equivoqueime e rectifiquei. Equivoqueime con gran amargor... e rectifiquei dandome conta do que realmente está a pasar. Sobretodo, o significado das cousas, o que realmente un sente, o que realmente un ten...
Simplemente... afortunado e ilusionado.

Thursday, May 07, 2009

Non hai galerna imposible...

... non importa canta forza teña o vento (da igual forza dous que forza sete)... da igual a altura das ondas... (da igual calma chicha que mar arbolada)... da igual que chova que quente o sol... porque pase o que pase todo sae sempre adiante, porque a función nunca pode parar... porque sempre hai un motivo para facer que todo siga bo rumbo e chegue a bo porto... polas persoas que te rodean, que inda que se agobien máis ca ti, son un bo apoio no que pararse a descansar e coller forzas... porque hai outras cousas que che dan toda a forza do mundo (seguramente sexa meniño...)

Porque en definitiva, señores e señoras... o mundo é unha festa e nada nin ninguén cho pode estropear...

Bicasos e apertas!!


E non... non todo foi malo nesta semana... tivo tamén os seus puntos fortes e os seus momentos de adrenalina positiva...cales?? eso é un autosecreto... shhhhhhh!!

Thursday, March 19, 2009

Surrealismo máxico

En numerosas ocasións suceden cousas ou feitos que poderían chegar a considerarse máxicos, aínda que probablemente sexan froito da propia ilusión e da sobrevaloración outorgada aos elementos constituíntes destes feitos.

Lembrar aquí, unha vez máis, o significado do adxectivo inventado, fufí... atribúese a aquela persoa que pola súa forma particular de ver a vida é capaz de facer das cousas pequenas cousas moi interesantes e de facer das cousas grandes e estresantes, cousas pequenas e insignificantes. Ademáis, este adxectivo tamén abranguería a persoas que dan todo e máis polas persoas que as rodean... son persoas, en definitiva... moi especiais. Especiais no sentido positivo, e no grao máximo que cada un lle dea a cabeza para imaxinar.

É certo que coñecer a unha persoa leva moito tempo. Pero parece que hai persoas que de seguido se lles vai coñecendo. Descubrindo un pouco máis ultimamente a unha persoa, onte decateime que ademáis de todo o que ía sabendo sobre ela, algo se me acababa de descubrir: leva a marca de ser fufí.

Precisamente onte o fun a descubrir, cando se facían dous anos de que me deixara a persoa máis fufí que coñecín nunca, aquela persoa que me ensinara tantos valores, me aguantara tanto, me criara como a outra miña nai que era. Ela, que do tan especial que era, só ela, podía ser quen de marchase o mesmo día, do mesmo mes en que nacera, só que bastantes anos despois.

É moi extraño, coincidir tanto descubrimento arredor desta data... que máis da!! creamos no divino e máxico... outros cren na intervención da divinidade de deus... pois eu creo nas axudas desa persoa tan especial, que nunca poderei olvidar.

Gracias por escoitarme...

Monday, March 16, 2009

Frustrado

A frustración de pensar que un non se coñece ben a sí mesmo, pola forma en que actúan persoas que foron queridas e amadas. Esto leva a un a replantearse se realmente é a persoa que cre ser. Si realmente poderá vir un futuro mellor, si realmente é persoa apta para esperar algo... un algo, de tenrura, amor e cariño...

infravalorándo-me

Tuesday, February 03, 2009

Próxima estación... Esperanza...final de trayecto

Agora que estou a punto de cerrar unha etapa da miña vida, a académica, surxen da nada recordos doutras etapas, que non vou decir que mellores (porque parecen que sempre tempos pasados foron mellores, e non é así), senón diferentes. Vagando por varios blogs, atopei un que me recordou a unha etapa que está representada por un par de discos de Ismael Serrano. E creo que lembrandoo e lembrando esta etapa, achei unha posible directriz para a próxima etapa...
Descojonarme solo das miñas ocurrencias, mirar á lúa cando me sinta só e xurarme amor eterno... dedicarme porque non un arrechucho... en fin... antes de querer, hai que quererse moito.

Tuesday, November 25, 2008

Standby

A medio camiño entre o apagado e o encendido. Confuso. Inseguro. A veces convencido, outras non tanto. Tantos meses quedan atrás... tantos bos momentos... espero non equivocarme de decisión e si así o fago pois, nada de lamentarse e só tirar, tirar.

Wednesday, October 22, 2008

Si a media noche...

por la carretera que te conté...

Falabamos hoxe á hora de comer dos cambios que se produciron ao longo dos anos na concepción do amor e das relacións sentimentais... cuestionándonos porque as relacións de antes duraban tanto... porque as de agora son como quen cambia de roupa interior...
o mundo cambia, e o amor tamén... as relacións son menos duradeiras porque as infidelidades e o sometemento á parella xa non se deixan ao libre albedrío/nin se permiten tan libremente.
Non sei, todo esto se me fai tan extraño ás veces... incomprensible. Si realmente estás coa persoa amada non vexo lugar ás infidelidades nin as xustificacións de formalidade, nin ningunha ostia desas... igual é que eu son demasiado ignorante nestes menesteres e non me sei desenvolver ben.
Igual... pero aínda así non entendo moitas cousas, e supoño que seguirei por non as entender.

Wednesday, September 24, 2008

Revisando material das aulas...

Buscando un porque a todo... uns posts máis abaixo, buscando un porque á devir da vida, un porqué da nosa existencia... igual non se acadou, pero tratouse de achar polo menos.

Agora, toca revisar unha teoría que no seu momento me pareceu clara e convincente para poder falar do amor, pero que agora me descontenta en algunha das súas partes. Quizabes por non ter clara a connotación que autor da ás palabras.
A Teoría de Sternberg sobre o amor, fundamenta este baixo tres pilares: paixón, intimidade e compromiso.
Paixón... está máis ou menos clara a súa definición e forma... un componente cun marcado carácter fisiolóxico. Fai que o amor, un suposto psicolóxico sexa capaz de producir unha activación fisiolóxica no corpo de múltiples formas. Unha imaxe... o desexo irrefrenable de compartir suores coa persoa amada.
Intimidade... compartir afecto, compartir vida, compartir tempo, compartir logros e alegrías, compartir choros e fracasos... compartir.
Compromiso... non concordo. Creo que o compromiso tal e como se debe entender no amor non é unha parte diferenciada da intimidade. É decir, non é que haxa un compromiso explícito ou que sexa posible explicitar ailladamente coma os outros dous elementos... o compromiso é parte inherente da intimidade.

A paixón exprésase, a intimidade exprésase por todo aquelo que fas e compartes coa persoa amada... o compromiso non se expresa por si mesmo... ninguén di: "Vou estar contigo e non vou estar con ninguén máis porque te amo". Supónse implícitamente que alguén que comparte a súa vida coa persoa amada está comprometida con esa persoa.

E para rematar, non existe amor entre dúas persoas si non se respecta o espacio de cada unha delas... non existe amor entre dúas persoas cando unha controla a outra... non existe amor entre dúas persoas cando unha delas pretende proxectar na outra unha prolongación súa... non existe amor entre dúas persoas cando non se ama tanto as semellanzas como as diferencias da outra persoa...

Canto por aprender... pasiño a pasiño; faise o camiño

Friday, August 29, 2008

Cansado

Estou sumamente cansado. Todo por ser como son. Por vivir sen querelo, ao amparo dunha historia de amor. Sempre hai unha historia destas que me ampara. Iso non é bo, non é bo aferrarse tanto a ese sentimento, nin a unha persoa...
Supoño que defecto do animal...

Sen máis


Eu... non teño disculpas a estar así

Friday, August 08, 2008

Taller de educación sexual

A dinámica é a seguinte, primeiramente presentase o tema a tratar, que podería levar por título "A Pubertade: etapa de cambios biolóxicos/fisiolóxicos e psicolóxicos".

Unha vez presentado o tema, e ante a pudorosidade que o mesmo suscita, en papeis brancos cadaquen escribe as súas dúbidas respecto ao tema en cuestión.



Neste caso, os participantes son rapaces (que non rapazas). Ademáis do asombro que pode suscitar o seu alto nivel de líbido e de impulsos sexuais, tamén hai cuestións referidas ao ámbito psicolóxico do afecto e as emocións cara as outras persoas. De aí que saian preguntas tales como "¿Por que esta amiga que antes era amiga, agora sinto algo máis por ela?". É decir, preguntas sobre o amor e os afectos vinculados a ese estado ou emoción segundo pola lente pola que se mire.



¿E que pode responder un a cuestións desa temática? ¿Que pode responder un a cuestións como a que fai referencia a cómo é posible que che gusten varias persoas á vez?. Non teño argumentos para explicar tal acontecemento, nin nunca os tiven cando falta me fixeron. Intento buscar resposta como bo monitor que tenta aclarar esa dúbida, e non sei si acertada ou non, foi máis ou menos como segue:



"En primeiro lugar, debemos partir de que o corazón ten razóns que a razón non entende. E si aínda sabendo esto queremos buscar unha resposta, debemos saber que o máis seguro é que non a atopemos. Non de tódalas persoas nos namoramos ou nos pillamos nin da mesma forma, nin polo mesmo. Pode ser que o pelo dunha persoa nos namore perdidamente aínda sendo un toxo, pero é que tamén pode ser que nos namoremos perdidamente dun sorriso non habendo nada máis detrás... entre esas dúas persoas...pode ser que nos namoremos dunha forma de ser caracterizada polo humor... aínda que non haxa nada máis que eso... é decir, as combinacións de motivos poden ser infinitas... unha recomendación persoal... deixarse levar e disfrutar dese estado caótico e doce á vez"



P.D.: Non sei que é o que se da agora na escola sobre sexualidade, pero deixa moito que desexar... é decir, aparecían dúbidas que non deberían aparecer si esa programación que aparece de forma transversal no currículo estivese ben desarrollada e aplicada...

Wednesday, August 06, 2008

Turbulencias

No medio dunha discusión de equipo de monitores...
vento de nordés... trapos sucios de todo o que levamos de verán de campamentos

Unha familia desmembrada para o meu parecer... queda moi fermoso o de decir que somos como unha familia... e agora... son as tres e cuarto da mañá e levan unha hora berrando...

hai familias e familias...

Thursday, July 31, 2008

Parando no camiño...

... comecei a reler o meu antigo blogue no espacio do messenger... batallas perdidas... diario de guerra dun pobre soñador enamorado platónicamente... como cambiamos e como cambian as cousas... como un se da conta de que había cousas que non podían ser e foi mellor que non foran... ao final o tempo da a razón a cada un... razón particular e a medida.

Hoxe declaro reaberto este espacio de liberación emocional... así o afirmo e firmo mirando pola ventá dun afastado colexio que me deu acubillo durante parte deste estraño verán...

Sigo soñando con rizos negros... pero perdo a noción do tempo e da vida enclaustrado neste sitio...

Arde no peito señores, arde no peito.

Friday, May 23, 2008

Unha de Sartre e Russell...

Liberdade, morte, aillamento, significado. 4 pilares dunha forma de análise.

Liberdade. Entre a funcionalidade e a disfuncionalidade. Arma perigosa de dobre filo que require dun manexo á perfección para non producir dano.

Morte. Fin da viaxe. Antípoda ao nacemento, epílogo dun ciclo. Inesperada, debidamente preparada, cociñada, elaborada. Cambio cultural, asimilación, integración na vida.

Aillamento. Estamos sós. Unha vez que morramos ninguén nos recordará, practicamente en ningún momento. Carpe diem. Estamos sós aínda que esteñamos acompañados.

Significado. Porqués a unha vida e a un ser. Para qué, cal é o fin, porque seguir, que nos manterá a seguir sendo o que somos. Precisamos cambiar, ou non.



Resumo, na necesidade imperiosa de revisar o ser de agora, para verificar que non hai erros na forma de vivir que sexan irremediables nun futuro.




Enfoque Existencialista

Sunday, March 30, 2008

Fin de semana

Fin de semana algo estático e improductivo. O tempo para variar está tolo. Chove, graniza, quenta o sol a todo esmechar de repente... marzaxadas!!
Odio os fins de semana sen ocupacións de gran interese, como este por exemplo. Os peores artigos por ler e comentar... e nada máis interesante, exceptuando os apuntes de Atención Temperá que comecei a ler. Se tivese que configurar os fins de semana configuraríaos como os fins de semana de fai un ano, co curso, ou como os fins de semana de maio-xuño onde non se paraba nin o primeiro sen traballar... en fin... o dinamismo é vida...
Quen me dera que estivésemos máis metidos en primavera e currar algo os fins de semana...

Saturday, February 09, 2008

Vivir é escoller

Pasaste a vida escollendo mil e unha cousa... pero hoxe quérome centrar no académico.
Dende a E.S.O. cada un vaise indo cara un camiño da ciencia en xeral... as sempre presentes ciencias e letras... no Bacharelato... esas dúas categorías bifúrcanse en subcategorías.... e que pasa se profundizas por unha desas ramas, e che gusta... pero tamén te decatas que a outra categoría tamén che gusta...

fas dúas carreiras?


Entre sístoles, diástoles e rexistros exosomáticos... acordeime do que tamén me gusta, e moito... o que non collín pois non sei moi ben porqué... temor á imitación... ou algo así...


Ciencias Sociais Vs. Ciencias da saúde

Saturday, February 02, 2008

Reivindicando a simpleza / o simple Vs. o complexo

Non ían desencamiñados na afirmación que aparecía no trailer de Amélie sobre o personaxe principal da película... ou séxase... Amélie Poulain... decía, "A Amélie gústanlle os pequenos praceres da vida".

É de gran certeza a afirmación. A todos en maior ou menor medida nos gustan os pequenos praceres da vida. Pero o máis curioso, é a forma que estes teñen. Quero decir, son praceres que non son caros! que o máis caros que custan pode ser tempo... cantos praceres hai pequenos, accesibles, incrementadores da felicidade / hedónicos...

Despois de tempo há... redescubro/rescato o maior dos meus placeres, abandonado durante tres anos... a bicicleta... non hai mellor sensación que a de autonomía que che imprime unha bicicleta... a rapidez de desprazamento... o carácter ecolóxico e saudable á vez... sensación de benestar físico e mental... recordemos que, "mens sana in corpore sano"... a fría brisa da mañá petandoche na cara, espertándoche, e facéndoche chorar (pola velocidade), son o único inconvinte... que no fondo tamén ten o seu grao de pracer.

A felicidade sobre dúas rodas... atravesando fugazmente tódalas rúas da zona vella... pasando "a todo felespín"(*) por Cervantes e pola Calderería abaixo...

é único!!



(*) Dise da cousa que vai a moita velocidade... provén a expresión dos pancas reguladoras de velocidade que tiñan os barcos... a expresión "full speed" en inglés que se distorsionou ata chegar a ser "felespín" (aínda así,por aquí utilízase como unha palabra calquera...e útil)

Thursday, January 17, 2008

A política...

Realmente... sí, estou desilusionado coa política... a modo de conto...

"Había unha vez un raparigo de dezaseis anos que vía as posibilidades de cambio, vía formas de pensar coherentes, optimistas... e sobretodo, sensibilizadas con diversas causas. Deste xeito, involucrouse fondamente na loita pola xustiza en todas estas causas... orgulloso sempre da súa participación.
Pero os anos foron pasando... dezasete, dezaoito, dezanove... e a realidade que o rodeaba ía vislumbrando unha realidade diferente á que el tiña concebida. Detrás da xente que camiñaba ao seu carón escondíase o mesmo que el tiña por "políticos defectuosos"... a avaricia, a codicia,as ansias de poder... non existía sensibilidade humana posible ante tales poderes. E tiña que admitir o que moitas veces lle dixeran... TODOS SON IGUAIS"

Por iso non creo na política... é unha conducta adaptativa e evolutiva... cando a política pódevos apestar dende fóra... imaxina dende dentro, o que debe feder.

Cada quen é libre de pensar como queira, eu non me enfado, só que non soporto a hipocresía...