Realmente... sí, estou desilusionado coa política... a modo de conto...
"Había unha vez un raparigo de dezaseis anos que vía as posibilidades de cambio, vía formas de pensar coherentes, optimistas... e sobretodo, sensibilizadas con diversas causas. Deste xeito, involucrouse fondamente na loita pola xustiza en todas estas causas... orgulloso sempre da súa participación.
Pero os anos foron pasando... dezasete, dezaoito, dezanove... e a realidade que o rodeaba ía vislumbrando unha realidade diferente á que el tiña concebida. Detrás da xente que camiñaba ao seu carón escondíase o mesmo que el tiña por "políticos defectuosos"... a avaricia, a codicia,as ansias de poder... non existía sensibilidade humana posible ante tales poderes. E tiña que admitir o que moitas veces lle dixeran... TODOS SON IGUAIS"
Por iso non creo na política... é unha conducta adaptativa e evolutiva... cando a política pódevos apestar dende fóra... imaxina dende dentro, o que debe feder.
Cada quen é libre de pensar como queira, eu non me enfado, só que non soporto a hipocresía...
2 comments:
eu é que estou volvendo á adolescencia. e volvo ter ilusión. non en todos, coma antes. pero si nalgúns. (vou cara atrás no meu proceso de maduración xD).
parecemos, chi!
;b
Post a Comment