Nas relacións amorosas non existen as medias laranxas como situación idílica...
Quero decir, non creo que o mellor e o máis agardado deban ser as medias laranxas... o máis importante e positivo son as diferencias... non só as semellanzas... as diferencias entre dúas persoas fan posible o crecemento mútuo a través das vivencias e experiencias... por eso non concordo co modelo idílico tradicional das medias laranxas...
Coido é máis importante a complementariedade das frutas (aderezadas polo amor) entre elas... por eso, mellor que soñar coa túa media laranxa... é soñar coa fruta que te complemente e que xuntada con ese aderezo, o amor, o almíbar... fagan a mellor das macedonias...
Saturday, September 29, 2007
Thursday, September 20, 2007
Obrigado! ;b
Non sei por onde comezar... igual é mellor tirar sen divagar demasiado...
Non creo que deixalo fose malo... foi bo
Creo que tampouco me esperaba un final así, refírome que máis que o que tivemos, o que temos...
Sabes? creo que nos debemos de sentir nestes tempos as persoas máis afortunadas do mundo... temos todo o que todo o mundo quere... (díxomo ine, ela non minte...) eu polo menos así me sinto...
teño e gardo aínda unha das miñas mellores amigas, que sempre está aí para o que sexa... que sempre estou aí para o que sexa dela...
Teño outra das miñas mellores amigas... á que amo... coa que son feliz día a día... un regalo do azar... unha sorte... que todas as coincidencias me fagan salir tan ben parado!
E tí... pois tes máis do mesmo... non?
somos afortunados.

Tuesday, September 18, 2007
Empatía...
É curioso e extraño á vez... nunca pensei que fora a ter esta sensación provinte de meus pais... é como si sen decilo... entendesen que fago aquí en Santiago... disfrutando o pouco gañado no verán... catro patacóns... dun xeito moi raro... vivindo só...aquí... vendo pasar os días... moitos deles dando voltas sen máis pola casa... facendo mil tonterías... pasando horas...
no fondo... é como se entenderan o importante que é para min estar cerca dela... porque despois ven o paso de ecuador e non imos poder vernos nin falar durante demasiados días...
é como se fose un guiño de complicidade... de empatía...comprensión...
un... non digo nada... porque eres feliz así...
un... eso bástame
mil gracias, mil apertas e mil bicos
E sí, gracias, son a persoa máis feliz así... non importan dous días sen vela, se logo ven un día enteiro con ela...
P.D.: Creo que eu tamén escribiría ata as marxes das postais e dos folios... se tivera que ir á mili, sen outro xeito de comunicarme... igual non somos tan diferentes, ¿quen sabe?

Monday, September 17, 2007
Ignorante...
non entendo o cinismo das persoas... esa extraña forma que teñen algúns de relacionarse cos demáis... ese egocentrismo excesivo... ese xeito que algúns teñen de querelo todo dos demais... ese oportunismo... esa forma de aproveitarse dos demáis... esa forma de... sendo politicamente incorrecto... darlles polo cú ás primeiras de cambio... a veces parece que non merece a pena nin tentar ser boa persoa... pero é que realmente si o merece, o que non merece é ser así con todo o mundo...
ou sexase... cuestión de selectividade
ou sexase... cuestión de selectividade
Saturday, September 15, 2007
Yonki
Teño síndrome de abstinencia do roce da túa pel, cóstame moitísimo aguantar sen un xesto sen unha caricia durante varios días... e síntome mal, síntome como un yonki... non me gusta esta doce dependencia... pero son incapaz de escapar do efecto de succión que ten...
creo que penso demasiado en ti...
pero...
é que todo me da igual agora mesmo...
quédome só coa doce tontería que se lle mete a un no corpo...
esa mesma que me deixa absorto mirándote sen máis, sen decir palabra...
esas sesións de mirarte que sempre van acompañadas do teu inquérito... ¿pásache algo?
a partir de agora aínda que sexa conacheiro respondereiche a verdade... si, pásame, que me gustas moito e encántame perderme en sesións de fotografías imaxinarias sen máis cámara que os meus ollos...

Subscribe to:
Posts (Atom)