Teño síndrome de abstinencia do roce da túa pel, cóstame moitísimo aguantar sen un xesto sen unha caricia durante varios días... e síntome mal, síntome como un yonki... non me gusta esta doce dependencia... pero son incapaz de escapar do efecto de succión que ten...
creo que penso demasiado en ti...
pero...
é que todo me da igual agora mesmo...
quédome só coa doce tontería que se lle mete a un no corpo...
esa mesma que me deixa absorto mirándote sen máis, sen decir palabra...
esas sesións de mirarte que sempre van acompañadas do teu inquérito... ¿pásache algo?
a partir de agora aínda que sexa conacheiro respondereiche a verdade... si, pásame, que me gustas moito e encántame perderme en sesións de fotografías imaxinarias sen máis cámara que os meus ollos...
2 comments:
eu tamén son unha yonki... solo que o sufro en silencio... ;_
A peor adición é a que se ten por algunha persoa, carcómeche por dentro, é cruel e fantástica ao mesmo tempo.
Noraboa polo texto.
Post a Comment