Sunday, January 13, 2008

Sobre emigración...

Paréceme demasiado fácil criticar a emigración... decir que podemos cambiar... que podemos combater esta lacra dende aquí... pero como? alguén me pode decir realmente coa man no corazón que cre nos sindicatos??? que cre nos defensores dos traballadores??? cada un que se salve o seu cú!!... así é aquí como funcionan as cousas... búscate a vida para atopar un traballo algo decente... que non che chegan os cartos con ese traballo?? busca outro... que aqui non o atopas... xa sabes onde está a porta...

Non pensemos en utopías, en cambiar o mundo. Sexamos realistas. Non temos os cartos, non temos o poder... Galicia non está no poder dos galegos... históricamente non fumos emprendedores como outros sitios de España...é inútil falar de non emigración... de combater dende a terra... primeiro... sobrevivamos...

unha mocidade independente... dar de lado ás estatísticas do I.N.E. que indican que a mocidade galega é das últimas en emanciparse e abandonar o domicilio familiar...
do que está cheo Galicia é de preguiza... de mozos e mozas que representan unha parasitaria social... sen oficio nin beneficio... así nos vai!... non nos ía así antes... cando a mocidade emigraba e levantaba o país dende fóra...


Propoño unha Galicia na que non se ande chorando en carteles... chorando en sindicatos e partidos políticos... unha Galicia, na que simplemente se traballe por un futuro; por comer, por vivir sen apretos, por unha familia... por unha vida digna.

1 comment:

Noa said...

eu non podo falar dende a experiencia, porque non hai nada máis parásito ca min. pero fai o que eu diga, e non o que eu faga. véxote moi desilusionado coa política para ir ainda cara os 22.
tamén me parece a min que levantar galicia dende a emigración é ainda máis utópico que o dos carteles, que serán hipócritas, eu non digo que non, pero quéixanse. e o que non chora non mama. se queres que as cousas cambien loita por cambialas, e se pensas que xa non se poden cambiar, non te enfades cos que queren, ainda que só sexa durante os anos de mocidade esquerdista antes de volver ó rego do pai. loita polo teu, e punto. eu non te vou xulgar, porque probablemente eu hei facer o mesmo. nunca se conseguiu nada sen pedilo.

(mi vida, que parrafada)