Saturday, May 26, 2007

O relativo das medidas

As medidas non sempre son exactas... nós como seres humanos non somos capaces de medir o tempo... o tempo é relativo... o noso reloxo biolóxico fluctúa constantemente... según o noso estado de ánimo... según o tempo que paso sen verte... se fora máis preciso este reloxo non teríamos que andar con reloxos nas muñecas... non teríamos que andar sacando o móbil do peto para mirala hora... só con pensar, e botar así contas mentais da hora, xa a obteríamos... pero é que o corpo do ser humano, aínda que é unha máquina complexa, hai sempre mil cousas que o superan...
Por exemplo os ritmos... ti se de repente comezas a facer algo que normalmente non fas... por exemplo, erguerte cedo... o corpo resentirase profundamente... terás que entrenalo!!... eu creo que é un dos maiores fallos do corpo humano... que para acabar realizando satisfactoriamente moitas cousas hai que entrenalo... como eu me vou entrenando ao verán... todo o mundo en maior ou menor medida se entrena para o verán... que se ir correr para lucir tipo no verán... que si a liña... que si facemos o láser para despois non andar ás presas para ir á praia... que si nos imos poñendo morenos articialmente no solarium... que se nos imos entrenando largos fins de semana á túa ausencia... pero que difícil é o verán cando se pon!!
O ser humano é dependente. Sempre depende de algo... dalgunha sustancia... en menor ou maior grado... sempre dependemos de algo... dependemos da auga para vivir... moitos dependemos do tabaco cando estamos estresados en exames... outros dependen do chocolate... outros de drogas máis "duras"... outros dependemos das túas dez da noite... esa hora na que o tempo se me para... a rabia contida de todo o día... o envenenamento xeralizado atopa o seu antídoto... en ti.
Sabías que? Gústame conducir.
Bicos mil !!

Sunday, May 20, 2007

C'est finit !!

Rematou a Ascensión agora comeza o mellor... sprint de exames... verán... campamento... praia...
e o peor... botarte de menos... horas na estrada... calor abafante do asfalto... litros e litros de gasolina...
pero á vez o mellor... volverte a ver... a brisa atlántica... a praia... o casco vello... pasear contigo... fundirte en abrazos inacabables...

"Y en cuanto acabó... de zurzir las heridas de las noches mal dormidas llegué yo... y le llené de flores el jergón para los dos... sin espinas de colores que se ríen cuando llora y cuando no... las sulfatamos con nuestro sudor..."

P.D.: Hoy dice el periódico, que ha muerto una mujer que conocí...

Thursday, April 12, 2007

Teño un blog...

... cun nome que me encanta... pero non me sae da gana escribir nada nel... agora sí claro, estou tentando analizar un test... normal que me dea por escribir...

"Cuenta la historia que del monte bajaba una serpiente... para buscar en la llanura la cola que perdió... ¿no serás tú? no seré yo... un pedacín... un pedacín... de mí rabín... poooompoooompooooom..."

Sunday, April 01, 2007

sToP

Unha vez máis estou ata os huevísimos destas movidas pasteleiras... non entendo porque me meto nelas... porque ten que ser sempre estigma que me persegue... non entendo porque un día podo fundirte no meu peito e ao día seguinte me teño que conformar só rozar a xema dos teus dedos... non é xusto...non, non o é...
En fin... será mellor pois verte como dende dentro dunha mampara de cristal como a da Audiencia Nacional... aillado... tolemia concentrada en tres metros cúbicos...

Thursday, March 29, 2007

Todo esto é unha noria

últimamente tódolos días son un continuo de incertidume... de non saber nada nada do que vai pasar, onde vou acabar... o mes de marzo que está a piques de acabar foi frenético... non vivo en ningures... vivo nun cento de sitios á vez e eso é coma vivir en ningures... Santiago, Noia, Figuerido... son tres e igualmente fánseme un cento... o que menos me gusta desto... a veces paréceme que me esquezo de como se saborea Compostela... porque se non o sabedes, débese saborear aos poucos... é como o xamón pata negra... a ninguén se lle ocorrería comelo ao tolo... trozos grandísimos de vez...
de todo e de tod@s se olvida un cando vive rápido...aprendín máis neste mes, que en todo o que levamos de ano 2007... as experiencias vitais son unha escola... tal como o é estar calado, e escoitar á xente... deixando que esta che ensine cousas implícitamente...
SaBí SaBí

Saturday, March 17, 2007

Fin da ... parte

Ola, outro blog que se pecha... non teño gana de seguir escribindo... aburro... supoño que non teño nada interesante que decir... así que, é absurdo ter aberto un blog para non escribir ou no que nunca tes ganas de escribir... o fotolog seguirá aberto... as imaxes din sempre máis que mil palabras... en fin, quenes me teñades posto nos enlaces ou algo así... eu diríavos que me sacarades... total, esto vai morrer ao darlle agora a publicar...
En fin, que para saber o que penso ou como me vai, xa sabedes onde vivo se queredes algo...e senón pois nada... que teñades boa viaxe.

Friday, March 09, 2007

C'est finit

Remataron os soños con armadura de papel e aire...
Remataron os sorrisos absurdos que se escapan por simplezas...
Equivoqueime, mil e unha veces, síntoo... cando me reencarne en mono do peñón de Gibraltar fareino mellor...pero é que por outro lado, son como son e non hai máis... son como unha canción de Pereza... unhas veces daría o mundo por estar con alguén e outras... pois non faría nada...
que conste que as fluctuacións non son malas eh! para nada... son... dinámicas digamos... pois iso, eu sigo coa miña dinámica... pitupitupitupitu...

Peace and love!

Monday, February 26, 2007

Cousas que veñen de imprevisto...

aiiiii!! en fin!! que vémonos en maio... que non vexo que vaia ter tempo nin para escribir entre a vida arrastrada de Santiago (esto de ser estudiante en Compostela xa se sabe...) e a vida de futuro monitor básico de tempo libre... xDD

Sunday, February 18, 2007

Alguén me debeu decir algunha vez...

...Dane o mundo non é como ti o soñas... e si mo dixeron, eu non fixen caso... e equivoqueime... hai que prestar atención ás cousas que che din a veces... non se pode ir polo mundo só co que un sabe... o día menos pensado as cousas non son como ti pensas e levas a ostia da túa vida. falando en plata.é a unha e media da mañá, levo todo o fin de semana con vómitos, dor de cabeza, mocos, estornudos, dores musculares... ou sexase... gripe... agora hai que sumar outra sintomatoloxía máis, provinte dunha doenza non precisamente pouco coñecida... estou a deshidratarme unha vez máis... como outras tantas veces... pero esta é diferente... deshidrátome por algo que non quero máis... non quero promesas que non valen nada... nin sentencias de "xa sabes o que hai"... e que é o que hai preguntome eu?... un pailán... eso é o que hai... eu quérome moi pouco, xa o sei, pero é que nestas circunstancias quérome aínda menos... e de tan pouco que me quero estou deixando de saber querer ós demáis... que será o próximo? deixar de saber dar apertas?... non, iso nunca... hai que pórlle freo...
a partir de agora todo será diferente... a miña vida sen tí pode cambiar bastante... pero a todo se afai un neste mundo... incluso á morte... confío en toda esa xente que quero e que moitas veces igual me olvidei de sabelas querer... sei que sen que eles o saiban... seguirei coa miña insípida vida... "xa sabes o que hai"

Friday, February 16, 2007

tic, tac

Yo soy un chico del montón
no me parezco a ninguno de esos que salen por televisión
ni a cantantes de academias de canto de cisne
ni al típico guaperas de cine
pero estoy por ti hasta el culo
aunque te guste ese chulo
lo malo en buen envase
lo bueno en mal envase
lo malo en mal envase
sin pena ni gloria pasan los días
con pena y angustia paso tu calle
callado y tranquilo cuento defecto tras defecto
intentando en un último esfuerzo olvidarme que te quiero
último latir do día que se funde na almofada
últimas imaxes mentais antes de entrar en coma... tic, tac, tic, tac, tic, tac...
o tempo viaxa a unha velocidade de 60 segundos por minuto... non para
acábaseme o tempo e non dixen aínda nada

Thursday, February 15, 2007

Porque si...

...porque mientras espero por ti me muero y no puedo seguir así...
Hai veces que esto é autoenganarse... porque en realidade sí quero bicarte, sen preguntar nin insinuar que o vou facer...como fago en soños... porque estou por facer vendedor ambulante de palomitas...porque as túas caricias son bipolares... porque buscando tu sonrisa estaría toda mi vida...

Amianto

O amianto era un tipo de fibra aillante e ignífuga que se emprega antes en construcción e na confección de traxes ignífugos. Posteriormente demostrouse que o amianto así como as fibriñas pequenas que soltaba, eran mortalmente canceríxenas. O aillamento é tamén mortal como o amianto. Estar aillado do mundo, ou parcialmente aillado, é sinónimo tamén de decaemento e perda da vida. As novas tecnoloxías non son e nunca serán capaces de suplantar ningún tipo de desaillamento, de proximidade, de calidez... as novas tecnoloxías lévannos a un aillamento obxectivo e a unha proximidade abstracta e irreal. O peor de todo, é que non podes escapar das novas tecnoloxías... quedarías aínda máis aillado do que elas te aillan... non podes apagar o móbil;ninguén te daría localizado. Como non se pode fuxir, o mellor é adaptarse, e non abusar delas.
As novas tecnoloxías son amianto emocional entre as persoas... non só aillan no espacio emocional... senón que destrúen a expresión emocional en sí mesma.

Wednesday, February 14, 2007

Son unha veleta na Costa da Morte... e ti eres ti sen máis

Un día quiero dejar el mundo entero por ti, la misma noche me aburro y no eres para mí... quisiera tenerlo tan claro como lo tienes tú...
esto es lo que tengo, esto es lo que hay... tengo una paja mental...
pero ti nunca deixarías o mundo por min... porque na balanza dos valores e dos quereres eu non debo costar para ti moito máis dun beixo e unha aperta...

Tuesday, February 06, 2007

Recortes...

"Y entre tanta alabanza de personas de bien (no como yo que soy vasco y rojo, además de varios istas), reflexioné si estaba equivocado. ¡Sé positivo, Iñaki!, me dije. Imaginé que los muros de hormigón eran de chocolate. Que de cabello de ángel estaba hecho el acero. Que los tres presos muertos la pasada madrugada en las cárceles de Langraitz y Zuera eran muñecos de mazapán. Pero, es curioso, no conseguí imaginarme a la señora Gallizo siendo otra cosa que lo que es, como lo eran sus predecesores."
Iñaki de Juana Chaos, GARA 30-12-2004

Sunday, February 04, 2007

Un porqué

Ultimamente non escribo nada nadiña... pero bueno, supoño que será tamén pola situación, a parte dos exames... estou aquí mergullado no microcosmos compostelán... unha burbulla na que tampouco hai moito que contar... o tempo pasa vagariño... ultimamente sen moita zona vella... eso non pode ser bo... pero bueno... aquí tentamos andar...mmm... falta mundo! senón mira aí para o blog de Suso Lista... arreostia! ese homiño sempre ten algo que contar... é tan... profundo... eu de maior... coma él... ver mundo e nada máis!

Thursday, February 01, 2007

Pero...

... que cona me estás contando?! xD
live life and don't be afraid meu home!!
que para dous días que estamos aquí non é plan
botalos a perder en cousas absurdas... ou que vai ser esto!
arreostia meu home!!
xDDDD

Wednesday, January 31, 2007

?¿

Estráñote pero non sei ben porqué...

Saturday, January 27, 2007

Adultos que aínda non o son...

Detesto á xente que se vai de moi madura, de persoa adulta xa formada, cando aínda é o que é coma a tod@s @s que andamos polo mundo con vinte ou vinte e poucos anos... persoas que se están formando aínda... que están madurando... que non son perfectamente maduras... pero está no camiño de selo... hai moitas cousas que esa xente aínda non sabe... e hai tamén outras moitas que saben e eu non... e pode que desas cousas que esa xente non sabe, eu sí as sei... porque non todos maduramos por igual nos diferentes ámbitos... porque non todos somos iguais... porque non todos temos berrinches infantís no noso repertorio conductual... porque non todos sabemos afrontar os problemas do mesmo xeito... porque non todos sabemos afrontar tódolos problemas... pero... procúrase... non se adoptan posturas infantiles polo xeral... non, esa non é a tónica xeral...

"O único problema que non ten solución é a morte"
[Tomado prestado de Rocío, filosofando no Tío Gilito,muahahaha]

Wednesday, January 24, 2007

Meeeeeeee...

acabouse todo o bo soci@s!! comezan os exaaaameeeeeeeeeeeeees aaaaaaaaaaaaaaaaahhh aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaahhh aaaaaaaaaaaaaahhh aaaaaaaaaaaaaaaaaaahhh aaaaaaaaaaahhh...
pero non bos preocupedes! á volta volveremos con máis noites... máis surrealismo e máis festa! máis bingo... máis Maycar... máis Avante... muahahahahaha
e como non... AnTrOiDo !!! en Noia, aquí... en todos lados!!
ueeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee
portádevos ben e estudiade moito moito para non ter setembro! chaaaaaaaus! :D

Sunday, January 21, 2007

Ola

Son un cabrón, un mamonazo e todo o que ti queiras meu amor! ala... contenta? agora déixasme seguir e non me atoras máis? mooooooooooooi beeeeeeeeeen... ímosche dar un azucarillo!
Ala... con dios e pola sombra! xDDDD