Wednesday, November 15, 2006

miMá!

Tiñamos que faser un clú! visto o visto. "o clú dos imposibles". polo menos no meu caso. não sei ata que ponto são tan paralelas... mais, falando pola miña, cada vez doume máis de conta do papel que o temor xoga. é ingrediente de todo. de todo, todo non, só do corazón. "o corazón ten razóns que a razón non entende" (Blaise Pascal). e ese temor, maniféstase de múltiples formas. mans húmidas (despois de moitísimo tempo sen pasarme). falo moito máis rápido. en trinta segundos podo decir todo o xusto e necesario e marchar. cada xesto é un mundo. cada momento está fragmentado en mil fotogramas, como si fose esto unha cámara desas que grava aos dummies nos experimentos de airbags e cinturóns. é terrible, pero tanto ten, en parte. porque en Compostela por fin chegou o outono, o inverno, o frío, a auga, o vento. as follas bailan polo campus sul. e o vento sopla nas esquinas, como se fose un acordeón. si se pecha os ollos é moi doado de imaxinar. no fondo, aínda que pareza mentira, estou cansando de escribirlle. en van. pero eso sempre o digo. e sempre ha de vir algo que faga que todas as promesas sobre non volver a escribir, queden en papel mollado. un sorriso é xa suficiente, unha aperta, minutos de conversa. vese que son simple, conformista e pido pouco. ou moito, según se queira ver.
Soñadora paralela... os primeiros motxos págoos eu
[y celebrar su entierro, de taberna en taberna...]

1 comment:

Anonymous said...

parece que non son tan paralelas. pero confomámonos co mesmo. e en canto ó medo... eu supereino (incrible en min! pero certo!) e agora non está todo ben, pero está mellor.
aínda así apúntome á festa dos motxos.
;b