Friday, November 10, 2006

Un máis...

un venres máis na secuencia de venres do mundo. levantarse coas mesmas sensacións. facer as mesmas valoracións nocturnas de sempre. en definitiva. rutina serial que leva ao afundimento.
hai noites que era mellor durmilas. e máis agora. cando os espellos nunca minten. tanto ao principio como ao final da noite.e máis aínda polas mañás. não é doado olha-los. aínda así hai que joderse!. porque hai dous colocados en puntos críticos; véxase o baño e a sala. é imposible esquivalos. aínda así tódalas noites teñen os seus minutos. tempo que fai que tampouco sexa tan perdida a noite. que si te partes un pouco as cachas con alguén. ata incluso, hai noites, que poden ter o seu pequeno grao de ternura... porque as noites, eso é indiscutible, nun sentido ou noutro
... debilitan los corazones.

P.D.: Este post non é de ninguén... é meu... si, póñome egoísta... e digo que é meu, meu e meu.

1 comment:

Anonymous said...

e como la noche debilita los corazones fai que se che vaia a olla... e a mañá non limpia a memoria, como na canción de Ismael.

(un comentario no meu blog non viña mal, eh? jajajajajaja)