Sempre se di que o último que ser perde é a esperanza. pois eu xa a perdín a verdade. non hai esperanza de chegar a un porto no que arribar. igual o mellor é convertese nun barco á deriva sin timón nin patrón. sin radiobaliza que que saia á superficie no naufraxio. sen botiquín de clase A, con mórficos que curen o incurable. sen chaleco nin bote salvavidas. só queda ser engullido polo mar. á espera de que calquer nereida me rescate, aínda que sexa con falsas promesas. cando tes nada, algo...é moito. os días seguirán pasando grises e chovendo... as noites seguirán pasando longas e bebendo... danzando... toleando... namorándome a cada paso... a cada noite, pero sempre, sempre, sempre... dende a sombra, que ninguén saiba nada do que sinto por ninguén... que ninguén saiba que enche os meus ollos, ou o que é aínda máis importante... que ninguén saiba quen enche a miña cabeza... quen me fai sentir cómodo... quén é quen... a saber!
demasiadas cousas na cabeza... como para quedar cunha persoa... non existe persoa que aglutine todo o que me gusta... non existe agora, pero por descontado que existiu... pero iso xa pasou, xa rematou...agora xa foi Marica non chores ... non me alegro de que xa pasara, pero tampouco me entristezo, porque pasa o tempo e vexo todo o que sigo a ter, todo o que aprendín, todo o importante que é... por eso te quero tanto, aínda que xa non é o querer de antes, non é o querer da paixón, non é o querer dos que se aman... é o querer dos amigos que sempre están, o querer dos grandes amigos... en fin, os nosos derroteiros son moi diferentes... pero a viaxe seguimos a facela xunta, tes o camarote PMI (non o do leite ou iogures... senón o de persoa moi importante)
...
ti sabelo todo, e seguirás sabendoo todo... ao primeiro momento
En fin... seguirás a putearme coas expresións que utilizo... cos narices superlativos (que non o son tanto)... sabes que o tomo ben eh! xDD en fin... animaliños!!
Bué, pois xa remato... AbUr ! !
Ah! e pasadevos durante esta semana pola páxina do noso paso de ecuador, que están colgando as fotos do magosto, aínda que non as puxeron todas... www.psicopaso.tk
1 comment:
quitáchesme a frase esa de namorarse a cada paso. iba facer un post sobre iso a semana pasada. pero xa se me pasaron as ganas. fareino outro día.
ó mellor, no fondo do mar hai unha serea. sen alas. pero máxica igual.
feesta no paso!
Post a Comment