viver.
unha vez máis permítome tomar algo doutro sitio para expresarme. sempre é do mesmo, pero bué.o dito. a última entrada tamén me serve a min agora. [;b]. digamos pois, que despois do verán. cando comezou o outono. cando me rehabilitei. agora, co outono mediado. volvo a recaer.preciso de namorarme de ti outra vez. preciso de volver a soñar desperto. não tentes espertar-me. as túas ansias de crearme insomnio para que non soñe non serven de nada. eu podo e son capaz de soñar esperto. que raro son dende logo. da igual, aínda que mo digas á cara. "esquéceo!". sabes ou deberías saber que non son capaz. ou si. pero non quero. a tolemia que a situación me imprime é doce. si sospeitas algo. ti cala. como fas que todo. sabes?. daste conta? do que fas, sin sabelo. aquí me tes, tomando algo, co ordenador, nun bar para poder lanzar ao ar esto. (dentro da cabesa pode estoupar e eso é peor). ten cousa o tal eh. mira que non me podía namorar doutra persoa. por aquelo da túa ignorancia cara min. ignorancia non en sentido pexorativo. senón ignorancia de... "paso de ti pavo".igual é que non sei namorarme da persoa exacta no momento exacto.
Podía namorarme da camareira, é a primeira vez que a vexo aquí, parece maja, boa xente... e sen embargo, eu, Dane, aquí estou escribíndoche a ti en silencio, cos auriculares postos coa música do ordenador (o 40 latino non é o meu), as mans cheirando a Don Limpio Baño, esbozo un sorriso (polo Don Limpio claro), todo é perfecto no saber estar só dun sábado de outono... todo perfecto non, acabouse o papel... e ti... que es como unha goma elástica... cerca, curto... lonxe, alongado... pero bueno, eu sigo na miña propia espiral que non túa, porque a nosa semellanza está só no branco dos ollos...e en algo máis do cal non me quero acordar.
en fin, que a historia... volve a comezar... un, dous, tres... comezamos de novo a historia sen introducción nin nó, pero sí con desenlace... desenlace neutro.
4 comments:
igual é que non sei namorarme da persoa exacta no momento exacto.
Bonita y tan real esta frase jajaja
Piojis no te enamores de kien nunka se enamorara de ti..
Cuidateee
esta vez son eu a que pode tomar o post enteiro. enteiro. é tan marabilloso e tan semellante ó que me pasa a min... tiñamos que irnos de borrachera a afogar as penas en birras ou calimotxo... ou licor café ou o que sexa.
teño que avisarte de que che roubei unha frase para poñela no msn. todo é perfecto no saber estar só dun sábado de outono.
Quizabes para San Teleco... recibimos hoxe eu e a Chepi a proposición indecente de ir chuzarnos alí... a saber! costame moito irme daquí... xa sabes, incluso para saír na casa con miña irmá. v_V'
A vida é unha peonza "mai darlins"...
Post a Comment