Thursday, November 30, 2006

Non estou

non sei por onde ando, non sei o que quero (sei o que non quero;perderte), todo me da voltas e me pasa moi rápido, non quero raiarme, pero fágoo... non quero pensar en ninguén, pero penso... e é máis, aterrorízome... apareceu fai moi pouco tempo, e xa parece que fai meses que apareceu... non sei que facer, non sei que pensar, non sei que decir para romper o medo... estou sumido nunha inmunda espiral de medo e indecisión... pouco queda máis que esperar e beber máis do que se debería... (porque hoxe é xoves, porque hoxe hai cea).
no meu puto mundo! xDD

Tuesday, November 28, 2006

Relato de naufraxios

Sempre se di que o último que ser perde é a esperanza. pois eu xa a perdín a verdade. non hai esperanza de chegar a un porto no que arribar. igual o mellor é convertese nun barco á deriva sin timón nin patrón. sin radiobaliza que que saia á superficie no naufraxio. sen botiquín de clase A, con mórficos que curen o incurable. sen chaleco nin bote salvavidas. só queda ser engullido polo mar. á espera de que calquer nereida me rescate, aínda que sexa con falsas promesas. cando tes nada, algo...é moito. os días seguirán pasando grises e chovendo... as noites seguirán pasando longas e bebendo... danzando... toleando... namorándome a cada paso... a cada noite, pero sempre, sempre, sempre... dende a sombra, que ninguén saiba nada do que sinto por ninguén... que ninguén saiba que enche os meus ollos, ou o que é aínda máis importante... que ninguén saiba quen enche a miña cabeza... quen me fai sentir cómodo... quén é quen... a saber!
demasiadas cousas na cabeza... como para quedar cunha persoa... non existe persoa que aglutine todo o que me gusta... non existe agora, pero por descontado que existiu... pero iso xa pasou, xa rematou...agora xa foi Marica non chores ... non me alegro de que xa pasara, pero tampouco me entristezo, porque pasa o tempo e vexo todo o que sigo a ter, todo o que aprendín, todo o importante que é... por eso te quero tanto, aínda que xa non é o querer de antes, non é o querer da paixón, non é o querer dos que se aman... é o querer dos amigos que sempre están, o querer dos grandes amigos... en fin, os nosos derroteiros son moi diferentes... pero a viaxe seguimos a facela xunta, tes o camarote PMI (non o do leite ou iogures... senón o de persoa moi importante)
...
ti sabelo todo, e seguirás sabendoo todo... ao primeiro momento
En fin... seguirás a putearme coas expresións que utilizo... cos narices superlativos (que non o son tanto)... sabes que o tomo ben eh! xDD en fin... animaliños!!
Bué, pois xa remato... AbUr ! !
Ah! e pasadevos durante esta semana pola páxina do noso paso de ecuador, que están colgando as fotos do magosto, aínda que non as puxeron todas... www.psicopaso.tk

Sunday, November 26, 2006

Sobre o anterior...

Ódio ter que expresarme a través das palabras doutros, pero era inevitable e encaixaba perfectamente esa letra, nesta semana. Non saín tanto, non bebín tanto, pero é a letra para esta semana, ou a semana para esta letra.

P.D.:Non puiden comentar en Bitácoras, pero... que mal repartido está o mundo eh! eu non escribín en toda a semana porque non sabía o que poñer, tendo a oportunidade de facelo, e ti rebentando por escribir... ;b

Síntese do tempo no que non se puido escribir

Con mis canciones p'aqui
con mis canciones p'allá
pasa deprisa la vida
Con la mujer que se fue
con la mujer que vendrá
voy cerrando mis heridas.
Vivo más de noche que de día
sueño más despierto que dormido
bebo más de lo que debería...

La Fuga

Sunday, November 19, 2006

O segundo adxectivo...

rOmántiCa
obviamente esto hai que explicalo mellor. non romántica no sentido pasteleiro. sí romántica no sentido da corrente do romanticismo. eso si, non tomalo estrictamente, pero si en parte... esto é, o que se escribe, por exemplo. máis cousas... pois, amor que leva á tolemia.

P.D.: tampouco tardei ehh!! estou sobradírmo... pá min que foron as herbas de postre... ;b

Saturday, November 18, 2006

Escribindo...





Bartolo a los paranoicos también nos persiguen tu no estás solo... (H.C.D.)

Friday, November 17, 2006

Que chunga eres ás veces!

e que explícito é o título. pero é así. a veces eres do puto peor. así non funciona o mundo. non podes pasar en tan pouco tempo do blanco para o negro. poder podes, pero non é xusto. non é xusto darme mel, para logo darme viño ácedo. non, para min, dende o meu punto de vista, non é xusto. non me regales nada. se logo mo vas roubar en parte. en gran parte. non me regales tempo. porque para min ese tempo é un regalo, para ti non, para ti debe ser a peor forma de matar o tempo. si te aburro, dimo. si queres que cale, dimo. si queres que marche, dimo, e fareino.
a veces pregúntome si farías todo o que fas, sabendo todo o que digo, o que eu digo, o que eu penso, o que eu... te quero gilipollas

Wednesday, November 15, 2006

miMá!

Tiñamos que faser un clú! visto o visto. "o clú dos imposibles". polo menos no meu caso. não sei ata que ponto são tan paralelas... mais, falando pola miña, cada vez doume máis de conta do papel que o temor xoga. é ingrediente de todo. de todo, todo non, só do corazón. "o corazón ten razóns que a razón non entende" (Blaise Pascal). e ese temor, maniféstase de múltiples formas. mans húmidas (despois de moitísimo tempo sen pasarme). falo moito máis rápido. en trinta segundos podo decir todo o xusto e necesario e marchar. cada xesto é un mundo. cada momento está fragmentado en mil fotogramas, como si fose esto unha cámara desas que grava aos dummies nos experimentos de airbags e cinturóns. é terrible, pero tanto ten, en parte. porque en Compostela por fin chegou o outono, o inverno, o frío, a auga, o vento. as follas bailan polo campus sul. e o vento sopla nas esquinas, como se fose un acordeón. si se pecha os ollos é moi doado de imaxinar. no fondo, aínda que pareza mentira, estou cansando de escribirlle. en van. pero eso sempre o digo. e sempre ha de vir algo que faga que todas as promesas sobre non volver a escribir, queden en papel mollado. un sorriso é xa suficiente, unha aperta, minutos de conversa. vese que son simple, conformista e pido pouco. ou moito, según se queira ver.
Soñadora paralela... os primeiros motxos págoos eu
[y celebrar su entierro, de taberna en taberna...]

Tuesday, November 14, 2006

Eu...

que queres que che diga? ben, ben,ben de todo... non se está así. tes eses días nos que sorrís coma un parvo, nos que só coa mera visualización eres medianamente feliz. e logo están os outros días. os días onde todo é de cor, agás cando ti te cruzas e como si unha volta ao pasado fose, cubres de escala de gris por onde pasas. pero que che podo decir eu a ti?. eu só teño potestade para saudarte e para preguntarche qué tal. daste conta?. no fondo son un pobre. non teño nada. pero como son pobre e conformista; confórmome con que dos sete días que ten a semana... poder algún deles roubarche un sorriso... que parche o resto dos días.

Monday, November 13, 2006

Simplicidades...

Encantou-me verte hoxe...
A veces as cousas máis sinxelas son as que máis cheas de significado están,ou, as que máis poden chegar a expresar

Friday, November 10, 2006

Un máis...

un venres máis na secuencia de venres do mundo. levantarse coas mesmas sensacións. facer as mesmas valoracións nocturnas de sempre. en definitiva. rutina serial que leva ao afundimento.
hai noites que era mellor durmilas. e máis agora. cando os espellos nunca minten. tanto ao principio como ao final da noite.e máis aínda polas mañás. não é doado olha-los. aínda así hai que joderse!. porque hai dous colocados en puntos críticos; véxase o baño e a sala. é imposible esquivalos. aínda así tódalas noites teñen os seus minutos. tempo que fai que tampouco sexa tan perdida a noite. que si te partes un pouco as cachas con alguén. ata incluso, hai noites, que poden ter o seu pequeno grao de ternura... porque as noites, eso é indiscutible, nun sentido ou noutro
... debilitan los corazones.

P.D.: Este post non é de ninguén... é meu... si, póñome egoísta... e digo que é meu, meu e meu.

Thursday, November 09, 2006

Verdades en lírica rap...

No quiero causar pánico
Con las cosas que explico,
Ni que me entienda el presidente, el siempre ha sido rico,
Tan solo practico atípicos registros líricos
Predico el rape pacifico en estos paisajes árticos.
Es lo único que os queda,
En cualquier país cualquier lugar, sobre cualquier acera,
No dejéis que el amor muera es lo único que os queda
Y lo sabéis lanzar la moneda,
aguantad la espera y lo veréis,
que no se siente el cebo asta que por fin se muerde,
ni se echa de menos algo hasta que se pierde,
que lo recuerde....

Nach Scratch en "Chico Problemático"
é o último que nos queda... non deixedes que morra!

Wednesday, November 08, 2006

Camiñando un día por ti...polo teu pelo...

Alhajita te hallaré
aunque digas que no.
Me voy por tus ojos, enamorado,
buscándote mi canción.

Me voy por tus ojos enamorados,
buscándote mi canción...

Bué, decir só que a letra non é de Quique González, senón dun tal Manuel José Castilla, ou eso é o que se di pola rede...
tampouco há que facerlle caso sempre á rede!! ;b xD


Saturday, November 04, 2006

Questão de...

viver.
unha vez máis permítome tomar algo doutro sitio para expresarme. sempre é do mesmo, pero bué.o dito. a última entrada tamén me serve a min agora. [;b]. digamos pois, que despois do verán. cando comezou o outono. cando me rehabilitei. agora, co outono mediado. volvo a recaer.preciso de namorarme de ti outra vez. preciso de volver a soñar desperto. não tentes espertar-me. as túas ansias de crearme insomnio para que non soñe non serven de nada. eu podo e son capaz de soñar esperto. que raro son dende logo. da igual, aínda que mo digas á cara. "esquéceo!". sabes ou deberías saber que non son capaz. ou si. pero non quero. a tolemia que a situación me imprime é doce. si sospeitas algo. ti cala. como fas que todo. sabes?. daste conta? do que fas, sin sabelo. aquí me tes, tomando algo, co ordenador, nun bar para poder lanzar ao ar esto. (dentro da cabesa pode estoupar e eso é peor). ten cousa o tal eh. mira que non me podía namorar doutra persoa. por aquelo da túa ignorancia cara min. ignorancia non en sentido pexorativo. senón ignorancia de... "paso de ti pavo".igual é que non sei namorarme da persoa exacta no momento exacto.
Podía namorarme da camareira, é a primeira vez que a vexo aquí, parece maja, boa xente... e sen embargo, eu, Dane, aquí estou escribíndoche a ti en silencio, cos auriculares postos coa música do ordenador (o 40 latino non é o meu), as mans cheirando a Don Limpio Baño, esbozo un sorriso (polo Don Limpio claro), todo é perfecto no saber estar só dun sábado de outono... todo perfecto non, acabouse o papel... e ti... que es como unha goma elástica... cerca, curto... lonxe, alongado... pero bueno, eu sigo na miña propia espiral que non túa, porque a nosa semellanza está só no branco dos ollos...e en algo máis do cal non me quero acordar.
en fin, que a historia... volve a comezar... un, dous, tres... comezamos de novo a historia sen introducción nin nó, pero sí con desenlace... desenlace neutro.

Friday, November 03, 2006

A vida é moi curta, a morte é eterna...

e o resto xa o sabedes cona!! pero non van por aí os tiros. a vida é moi curta.
[punto]
ou aproveitas o tempo e avanzas
[punto]
ou estancas nos vinte algo sen futuro e sumerxid@ nunha interdepenmerdancia
[punto]
agora, como súas mercedes queiran...

[puntos suspensivos, finais de fin]

P.D.: As cousas dínse unha vez, non se repiten... ou as ouves ben a única vez que chas din...

Monday, October 30, 2006

As letras non saen soas...

Fuche musa incombustible e inconsciente á vez...
... agora, creo que non quero que o sexas...
o medo é libre!
e ti presa do teu devir, espirálico e convulso, atado e escapable
tod@s podemos chegar a ser grandes escapistas...

Saturday, October 28, 2006

Creisi world !!

... hainos en Conxo con menos delicto... o mundo está tolírmo... non concibo un sábado de case novembro en mangas de camisa, descalzo na herba do parque de Farmacia... é incoherente!... as árbores véselles que están inmersas en tremendas dúbidas existenciais!... desnudámonos ou non nos desnudámos?¿ case mellor nos adaptamos, e cambiamos un pouco os tons da roupa e xa. é decir. volvéronse pudorosas. non fai vento. e os paxaros cantan como se esto fose aínda verán. que pasa cos paxaros?! pensan que a festa do verán aínda segue. de que van os paxaros?! que se meteron?! non concibo. aínda así, a xente é máis mecánica que o mundo animal. segue a mercar roupa e máis roupa de inverno. é o típico de outono. da igual o tempo que faga. hai que mercar roupa de inverno. o outro día vinte graos de noite, hoxe case trinta de día. en fin.
o mundo non sabe o que quere. e para que negalo... eu creo que tampouco o sei... SaBí !!

Friday, October 27, 2006

Final dos finais que non é o mesmo repetido

Aínda que tu non o sepas, non escribo nunca o remite para non revelarte. aínda que tú non o sepas, a veces os teus pequenos xestos roubanme fugaces sorrisos. aínda que tu non o sepas, aqui rematou unha historia. que nunca coñeciche, porque é froito do meu microcosmos. da que nunca vas ter coñecemento, porque existe un pacto de silencio implícito entre os sabedores do conto facsimilar-blogueiro.
assim que. o conto rematou. pero comeza un aínda mellor. un conto con agasallos!! tempo que a veces regalas para ensinarche, contarche, describirche o mundo e o meu mundo.

obrigado pela súa atenção !!

Sunday, October 22, 2006

La soledad a mi me fascina... soledad...

Unha sopa. [de sobre]. dous libros. un libro. Concubinas. unha cidade. compo stellae.campo estrelado. compostela. un olor. castañas na porta faxeira. unha ducia, graciñas. percorrido húmido-cultural. revisión da axenda do día. dúas obras de teatro. un filme nos compostela. dez, dez e catro cincuenta. segue chovendo. a xente non para. segue na rúa. na cidade de pedra non importa que chove. na cidade de cemento e formigón, si. cruzas a fronteira. anceias como nada no mundo chegar á casa. a fronteira non é só fronteira cromática ou ambiental. é fronteira psicolóxica. o atravesala nun ou noutro sentido pode cambiarche o humor. o agrado ou desagrado de saír á rúa. dirección norte, agrado. dirección súl, desagrado. unha cidade máxica, con sensacións máxicas...

Friday, October 20, 2006

Escribe no ar!

Liña 5: Conxo/Estación/Vite

-Mamá, ¿que pone aí?
-No sé, está escrito al revés
-¿Que letras son?
-Pues... una "d"...una "a"...
-¿Y las otras?
-Una "n" y una "e"
-¿Y eso como se lee?
-¿Que pasa que no sabes leer ahora? Se lee "dane"...
-Ahm... ¡¿y eso que significa?!
-¡¡Estáte quieto que te vas a caer!!


Dane significa... eu e as consecuencias de ser eu ou ser coma eu...