Saturday, December 30, 2006

Balance...

...Y en el reloj de antaño
como de año en año
cinco minutos más para la cuenta atrás.
Hacemos el balance de lo bueno y malo
cinco minutos antes
de la cuenta atrás...

É imposible facer balance de todo un ano... por meses... unicamente...por temas, case imposible... o ano é bastante monotemático... Compostela... é o que ten vivir máis alí que na casa...
Xaneiro... unha piña... facemonos nun grupo bastante heteroxéneo e peculiar... a partires dunha cea non menos peculiar... xurámonos aparecer na mesma orla... bebimos ata rebentar... licor de melocotón e sorbete de limón... e outras cousas que pasaron que non vamos relatar....
Febreiro... estudamos coma campións... cantas horas malladas na biblioteca...Gabry Ponte... muahahaha... un antroido precipitado... a verdade, é que despois do antroido teño unhas lagoas mentais da ostia... pero sei, polo menos decir que os días do segundo cuadrimestre non os recordo con especial cariño... pasaron cousas que pois dalgún xeito ou outro... foron unha gran putadísima... pero pasaron e aló van... das noites... das noites dos xoves... queda gardado deste ano e do curso pasado... grandes noites sen cea e con baile... no garito este que nos agenciabamos para ir privar tódolos xoves... música patroñenta... pero sofás cómodos e sempre había algún pintxinho... pena que ese garito esteña chapado este curso...
despois veu a Ascensión... catro días dos que me acordo das cousas só a grandes rasgos... e algún que outro concerto... exames... verán... verán que foi diferente... moi organizado eu creo, estudiando seriamente polas mañás e logo polas tardes por aí, ou ben na praia ou ben pola rúa... en tan grata compañía como a de Marta, Alba e Locy... que fixeron que o verán se me pasara máis rápido... e sobretodo sen pensar demasiado... logo veu setembro... un setembro bo a verdade... e volta a empezar outubro... un curso diferente...o grupo que nomeei liñas arriba... desfíxose... horarios diferentes... diferentes ritmos... non sei, algo pasou que truncou todo... pero bueno... aínda que fallara nese sentido o pronóstico para este curso (pronóstico: tod@s xuntos de festa... + unha...)... seguimos a pasalo ben... ou moi ben... é que ben só non o sabemos pasar no Via Cambre... así chegamos a novembro máis ou menos... onde o devir do noso día a día cambiou e deu un xiro de 180º ou máis!!... entramos no Paso de Ecuador... con escepticismo non o imos negar... e agora... despois de dous meses... todo o bo que poderíamos salientar da nosa estancia en Compostela durante os dous últimos meses... nacería do Paso de Ecuador... e máis concretamente de todas esas persoas que un día nos cautivaron co seu compañeirismo... a súa tolemia... unha auténtica sorte haber coñecido a toda esta xente... tal e como dixo María Chepi no seu currado mail... currado, porque para que se poña sentimental así ela telita... que llo digan a unha que eu me sei...muahahahahaha, non! que igual se cela...
Aínda que deixandoo para o final... moitísimas gracias a Ida por seguir un ano máis subida no meu barco... ao igual que eu vou no dela... case catro anos de travesía levamos xa!! e os que nos quedan...(aunque sea en la distancia... seguimos en primera línea de combate... algo que me agrada cada año que pasa e cada vez que me acuerdo de todo el tiempo pasado... y de tantos momentos en los que fuiste de gran ayuda... gracias)
A Hadriana por aguantarme estas últimas semanas do ano... por aguantarme de noite e de día... en Compostela e na rede... muito oBrigaDo!! é o mellor que lle pode pasar a alguén... descubrir xente así! para o que queiras e precises e o que eu che poda axudar... aquí estou amigha!
A Rebe... que che vou contar eu a ti que non saibas!!... que me encanta terte aí sempre... aínda que todo cambiara... aínda que a situación non fora máis indicada... sempre agarda ao mástil... sempre evitando que afundira... sempre reflotándome... e facendo que volvera á miña ruta inicial... moitísimas gracias Rebe por todo... por un ano e medio... por un medio ano de comprensión e apoio... de cañas e pintxos... de xantares que non se esquecen... paseos inacabables por Compostela... pola túa, miña, nosa... Compostela...por noites e noites de apoio a Orange... por todo mil gracias prinZesinha de mOra!!
A Chepi... que se tire ás vías!! que xa está tardando!! pois a Chepi decirlle que é mellor mercar as magdalenas do Dia que as do Carrefour saben a churruscado e son máis caras... e que o Puntomatic é mellor o normal... que o de marsella xa me atorou... é que non sei que contarche que non saibas... é que como eres tan asentimental... pois non pega decirche que se che quere moito... pero sabes que é así ehh! e tamén...papapapapapapapopopoppapapapapapapa
Bué... e de túa prima (Alba) pois decir... mellor primero... tamén agradecer á xente do Paso que é de puta madre...Bárbara,Noelia,Ana,Nuria (por un dos distritos;cañas) e logo pois Alisia, David, Raquel...
Pois nada... Alba... qué tamén se che quere ben aínda que moitas veces te poñas raiante e haxa que mandarte a tomar polo cú... aínda que a veces te poñas celosa... de non se sabe moi ben o porqué...pois iso, que tamén eres unha tía de puta madre e coa que ao igual que co resto da xente nas liñas anteriores mencionadas, alguén con quen se pode contar...
En fin... e haberá que ir rematando digo eu... bué... ao final... apartado blogueiro especial... muito oBrigaDo nOgüinHa!! porque sempre tes algo que decir nos meus blogs... co que a min me ghusta que me comenten... muahahahaha... xa sabedes rañaos!! comentade algo... cando podades... si queredes... que visto o visto... psé
alá! salú e feliz 2007!!

Propoño...

... facer un brinde virtual que se faga posteriormente físico... un brinde por moitas máis noites de Avante! e xa que estamos polo Cantón de San Bieito... pois moitos máis de Likor Kafé no Calviño.
Brindo polas noites do Avante! e polas pezas que alí bailamos e bailaremos!! aquí vai unha...

MUIÑEIRA DO SANTO AMARO (interpretada por Treixadura)

Señor cura, señor cura
a doutrina non lla sei,
pídame unhas cantiguiñas
que eu llas repinicarei.

Moza bonita no mundo
non debera de nacer,
porque fai como a mazá
todos a queren comer.

Ser solteiro é boa cousa
e ser casado tamén,
deixarei pra cando morra
pensar no que me convén.

Por dicir ¡Viva San Roque!
prenderon o meu irmán,
agora que o soltaron
¡Viva San Roque e o Can!

Friday, December 29, 2006

30 de Decembro

Día internacional do abrazo mundial... mañá a partires das 6 da tarde... sae á rúa e abraza a todo aquel que queira ou o necesite...
por un mundo diferente... mañá e sempre... moitas apertas para toda a xente!!

Tuesday, December 26, 2006

Apego materno...

elas párennos. dannos a nosa primeira comida. os nosos primeiros mimos. ensínannos a querer. ensínannos a tenrura. cando nacemos sabemos perfectamente quen é, o seu cheiro é inconfundible. seguimos medrando e nunca marchan, sempre constantes mirando do noso medrar. gardaespaldas da nosa felicidade. constructoras da nosa persona... en definitiva a persoa máis importante que nos imos atopar na nosa vida mooooi probablemente...


Por todo iso, moitas gracias a tódalas mamás do mundo que son todo esto e máis para os seus fillos... todas aquelas que manteñen un apego materno óptimos cos seus fillos... e como non tamén, a todas aquelas que algún día serán nais e de seguro manterán un apego materno igual de bo...

E para rematar en letra máis miúda... darlle a noraboa á miña nova primiña, Claudia... porque vai ter a madriña máis fufí que nunca na súa vida podería imaxinar... e ademáis de ser tan fufí... é todo un exemplo a seguir na vida, por innumerables motivos que todo o mundo sabe... ou eu polo menos sei, e teño en conta para tela como exemplo...

Monday, December 25, 2006

Unha de animais...

Naceu avelaíña, sabendo que non ía durar máis de dúas ou tres noites... naceu un martes e morreu un xoves á última hora, cando o día vence á noite. Tiña clara como era a súa vida, só a noite. Mais iso non lle importaba, tiña clara a súa meta. Que o enfeitizo se rematara, e deixara de ser avelaíña... que coma no conto do príncipe encantado... alguén lle dese un bico e rachara o feitizo, de rá a príncipe, de avelaíña a malabarista. Como dixen, o martes naceu, sen moita sorte, pero si co afianzamento de querer seguir loitando polo desencantamento do feitizo. Inxenua da avelaíña, que pensaba que alguén podía ser capaz de bicala!! será que non era calquer alguén, será que era simplemente "ela". Seguiuno intentando, pero é que tampouco sabía como, coitada avelaíña vergoñenta... que por tal motivo, pola súa vergoña, acabou ficando morta o derradeiro día, a derradeira noite, de madrugada, case mañá, contra da vidreira dun portal. De seguro que non foi morte cruel, senón cun certo grao de dozura... esa que deixan as apertas máis desexadas...

Friday, December 22, 2006

Outra vez...

...non. non penso caer no mesmo erro da última vez. non vou deixar que ninguén me leve. aínda que todo o mundo se acostuma, en maior ou menor medida ao fracaso, eu xa non quero seguir acostumbrandome, por ese motivo, non teño ningunha ilusión posta en ti. psé. me la pela. así que, fai o que queiras ou o mellor dito, pensa o que queiras sobre un servidor e a súa puta vida. eu non desisto; xa nin o intento; visto lo visto. nin puta gracia me ten. en fin, tampouco hai que darlle tanta importancia ás cousas. é cuestión de non empezar a pensar, non fixarme en ti, non sorrirche parvamente nin acariciarche suavemente, esquivarte... non, esquivarte non, que non queda fino. digamos que só un saúdo fugaz neses antros frecuentados por malas compañías. [xDD]. pois iso, que non ostia! que paso, que non penso fixarme no teu pelo nin nos teus ollos... que non... paso de todo este rollo!! aí queda eso... así que xa sabedes todos os que sabedes... paso da movida... paso! prométoo

Sunday, December 17, 2006

Venres' night

Como cambian as noites dependendo de que día da semana sexa, xa non só polo número de xente, senón máis ben polo tipo de xente. Os venres da zona nova son cada vez máis abominables e nauseabundos... mareas de "machotes macokis" á busca, caza e captura de rapazas. A que soa mal?. pero é así. e doe xeralizar, pero que asco pertencer a un xénero tan fodidamente chungo. en fin, se algún día chego a ser como a maioría, dádeme un pau na cabeza que me deixe parvo de por vida... en fin... esto era o que ía escribir hoxe, pero hai máis... mails inesperados que entran...
encantoume a verdade, seguirei as instruccións fielmente... e do de raiarme... seguro que seguirei, aínda que agora despois do mail un pouco menos... e despois do venres' night... que me dixeron que era diferente... o que me gustou moito a verdade.
Pois xa ves nOgüiNha!! polo mundo ando!! desaparecido... pero moi ben, todo é diferente cando comeza a facer frío e Compostela se enche de luces de cores e boa xente... este xoves gran gala de Psicoloxía, simulacro de fin de ano... xa podías vir eh! e colaborar con tan humilde causa... ;b . só son catro ouros!! con cotillón, copa de champagne e doce uviñas da sorte para tomalas coas badaladas ás 12!! :D ah!! e en Capitol, que hai nivelaso... xDD ;b :D
Como non veñas poñome azul...

non son de dalas gracias nos post, pero tamén non sei que me da non poñelo, asi que poñoo en pequeno: moitas gracias polo mail Hadri é e estou seguro que será de moita axuda en momentos baixos... e moitas gracias Alba, gústame saberme diferente... fóra das xeralizacións. ;b

Saturday, December 09, 2006

Ata igual tiña razón...

...aínda que non ao 100%, que despois aínda o cree demasiado e cólase. tiña razón un animaliño croqueta, cando distribuía as súas preferencias na vida, e outorgáballe un importante tanto ao AMOR (as cousas hai que decilas de frente), pero ao de parella, o tradicional digamos. pero claro, ninguén fala do amor entre amigos e familiares. ese amor é tabú. os abrazos e caricias quedan fora de lugar. o raro sería dalos, non que non se dean, eso non é o raro. pero claro, si se deran... cal sería a diferencia entre o amor entre amigos e o amor de parella... simplemente o sexo
que materialista a diferencia. tamén se podería engadir a diferencia máis transcendental... a intimidade. a intimidade enche, faite sentir ben, vivo, querido, cálida trincheira.
AMOR, que corta é a palabra e como costa decila, poque é cursi, é un importante motivo para que te tachen de patotxeiro, cursi e pasteleiro. e que máis da!! a quen lle importa quedar así, si é así, é verdade, costa decila por eso... é unha parvada. en fin, hai días que era mellor ser ameba e non darse conta do que é estar namorado, ser correspondido, e sentir o calor da cálida trincheira... saúDe!

Thursday, December 07, 2006

Nunca se ten todo...

veces tes sobre que escribir, pero non sabes como... outras veces sabes como escribir, pero non tes sobre que escribir...
e outras veces... sabes sobre que che gustaría escribir pero non sabes como escribir, aínda que eso sí, tes a banda sonora para emparellar ao que se escribiría...

El viaje de Chihiro
-
Iván Ferreiro