Sunday, December 17, 2006

Venres' night

Como cambian as noites dependendo de que día da semana sexa, xa non só polo número de xente, senón máis ben polo tipo de xente. Os venres da zona nova son cada vez máis abominables e nauseabundos... mareas de "machotes macokis" á busca, caza e captura de rapazas. A que soa mal?. pero é así. e doe xeralizar, pero que asco pertencer a un xénero tan fodidamente chungo. en fin, se algún día chego a ser como a maioría, dádeme un pau na cabeza que me deixe parvo de por vida... en fin... esto era o que ía escribir hoxe, pero hai máis... mails inesperados que entran...
encantoume a verdade, seguirei as instruccións fielmente... e do de raiarme... seguro que seguirei, aínda que agora despois do mail un pouco menos... e despois do venres' night... que me dixeron que era diferente... o que me gustou moito a verdade.
Pois xa ves nOgüiNha!! polo mundo ando!! desaparecido... pero moi ben, todo é diferente cando comeza a facer frío e Compostela se enche de luces de cores e boa xente... este xoves gran gala de Psicoloxía, simulacro de fin de ano... xa podías vir eh! e colaborar con tan humilde causa... ;b . só son catro ouros!! con cotillón, copa de champagne e doce uviñas da sorte para tomalas coas badaladas ás 12!! :D ah!! e en Capitol, que hai nivelaso... xDD ;b :D
Como non veñas poñome azul...

non son de dalas gracias nos post, pero tamén non sei que me da non poñelo, asi que poñoo en pequeno: moitas gracias polo mail Hadri é e estou seguro que será de moita axuda en momentos baixos... e moitas gracias Alba, gústame saberme diferente... fóra das xeralizacións. ;b

2 comments:

DaNe said...

Xa me esquecía... ;b

www.fotolog.com/mexillon

Anonymous said...

dicirche a ti que eres diferente é redundar... e pra min catro ouros son unha fortuna... onte tiven que limpar pra encontrar cartos pra comprar tabaco... é o que ten o vicio! ;b