Brindo polas noites do Avante! e polas pezas que alí bailamos e bailaremos!! aquí vai unha...
MUIÑEIRA DO SANTO AMARO (interpretada por Treixadura)
Señor cura, señor cura
a doutrina non lla sei,
pídame unhas cantiguiñas
que eu llas repinicarei.
Moza bonita no mundo
non debera de nacer,
porque fai como a mazá
todos a queren comer.
Ser solteiro é boa cousa
e ser casado tamén,
deixarei pra cando morra
pensar no que me convén.
Por dicir ¡Viva San Roque!
prenderon o meu irmán,
agora que o soltaron
¡Viva San Roque e o Can!
Señor cura, señor cura
a doutrina non lla sei,
pídame unhas cantiguiñas
que eu llas repinicarei.
Moza bonita no mundo
non debera de nacer,
porque fai como a mazá
todos a queren comer.
Ser solteiro é boa cousa
e ser casado tamén,
deixarei pra cando morra
pensar no que me convén.
Por dicir ¡Viva San Roque!
prenderon o meu irmán,
agora que o soltaron
¡Viva San Roque e o Can!
1 comment:
Brindo contigo polo Avante! E a volta de reis a ver se brindamos como é debido!!
¡¡¡A por ese Avante que nos fai bailar e cantar con tanta alegría!!!
"licor do negro café
que me tumbas que me matas
licor do negro café
fasme andar a catro patas..."
Salud!!
Post a Comment