Monday, December 25, 2006

Unha de animais...

Naceu avelaíña, sabendo que non ía durar máis de dúas ou tres noites... naceu un martes e morreu un xoves á última hora, cando o día vence á noite. Tiña clara como era a súa vida, só a noite. Mais iso non lle importaba, tiña clara a súa meta. Que o enfeitizo se rematara, e deixara de ser avelaíña... que coma no conto do príncipe encantado... alguén lle dese un bico e rachara o feitizo, de rá a príncipe, de avelaíña a malabarista. Como dixen, o martes naceu, sen moita sorte, pero si co afianzamento de querer seguir loitando polo desencantamento do feitizo. Inxenua da avelaíña, que pensaba que alguén podía ser capaz de bicala!! será que non era calquer alguén, será que era simplemente "ela". Seguiuno intentando, pero é que tampouco sabía como, coitada avelaíña vergoñenta... que por tal motivo, pola súa vergoña, acabou ficando morta o derradeiro día, a derradeira noite, de madrugada, case mañá, contra da vidreira dun portal. De seguro que non foi morte cruel, senón cun certo grao de dozura... esa que deixan as apertas máis desexadas...

No comments: