Saturday, December 09, 2006

Ata igual tiña razón...

...aínda que non ao 100%, que despois aínda o cree demasiado e cólase. tiña razón un animaliño croqueta, cando distribuía as súas preferencias na vida, e outorgáballe un importante tanto ao AMOR (as cousas hai que decilas de frente), pero ao de parella, o tradicional digamos. pero claro, ninguén fala do amor entre amigos e familiares. ese amor é tabú. os abrazos e caricias quedan fora de lugar. o raro sería dalos, non que non se dean, eso non é o raro. pero claro, si se deran... cal sería a diferencia entre o amor entre amigos e o amor de parella... simplemente o sexo
que materialista a diferencia. tamén se podería engadir a diferencia máis transcendental... a intimidade. a intimidade enche, faite sentir ben, vivo, querido, cálida trincheira.
AMOR, que corta é a palabra e como costa decila, poque é cursi, é un importante motivo para que te tachen de patotxeiro, cursi e pasteleiro. e que máis da!! a quen lle importa quedar así, si é así, é verdade, costa decila por eso... é unha parvada. en fin, hai días que era mellor ser ameba e non darse conta do que é estar namorado, ser correspondido, e sentir o calor da cálida trincheira... saúDe!

2 comments:

Anonymous said...

dane... por onde andas?
me dicen el desaparecido...

Anonymous said...

Coincido en que o amor é algo tabú. Prefiro que sexa así. Non sempre será politicamente correcto, mais neste caso debe ser así. Segredo. Porque o amor ás veces é traizoeiro. Porque quizais todo semelle unha tea de araña na que de momento non debo caer.