elas párennos. dannos a nosa primeira comida. os nosos primeiros mimos. ensínannos a querer. ensínannos a tenrura. cando nacemos sabemos perfectamente quen é, o seu cheiro é inconfundible. seguimos medrando e nunca marchan, sempre constantes mirando do noso medrar. gardaespaldas da nosa felicidade. constructoras da nosa persona... en definitiva a persoa máis importante que nos imos atopar na nosa vida mooooi probablemente...
Por todo iso, moitas gracias a tódalas mamás do mundo que son todo esto e máis para os seus fillos... todas aquelas que manteñen un apego materno óptimos cos seus fillos... e como non tamén, a todas aquelas que algún día serán nais e de seguro manterán un apego materno igual de bo...
E para rematar en letra máis miúda... darlle a noraboa á miña nova primiña, Claudia... porque vai ter a madriña máis fufí que nunca na súa vida podería imaxinar... e ademáis de ser tan fufí... é todo un exemplo a seguir na vida, por innumerables motivos que todo o mundo sabe... ou eu polo menos sei, e teño en conta para tela como exemplo...
1 comment:
Parécesme cada día máis incrible. DaNe, cantas verdades sabes expresar. Nesta vida miña nai é e será sempre o tronco dos meus andares. É a persoa que máis quero é a que máis lle agradezo a súa presecia e o seu apoio en todo o que fago. Xa vexo que as conversas xlo msm inspiran....ehhhh
veña, un beixo amizoso pa`ti
Post a Comment