Monday, October 30, 2006

As letras non saen soas...

Fuche musa incombustible e inconsciente á vez...
... agora, creo que non quero que o sexas...
o medo é libre!
e ti presa do teu devir, espirálico e convulso, atado e escapable
tod@s podemos chegar a ser grandes escapistas...

Saturday, October 28, 2006

Creisi world !!

... hainos en Conxo con menos delicto... o mundo está tolírmo... non concibo un sábado de case novembro en mangas de camisa, descalzo na herba do parque de Farmacia... é incoherente!... as árbores véselles que están inmersas en tremendas dúbidas existenciais!... desnudámonos ou non nos desnudámos?¿ case mellor nos adaptamos, e cambiamos un pouco os tons da roupa e xa. é decir. volvéronse pudorosas. non fai vento. e os paxaros cantan como se esto fose aínda verán. que pasa cos paxaros?! pensan que a festa do verán aínda segue. de que van os paxaros?! que se meteron?! non concibo. aínda así, a xente é máis mecánica que o mundo animal. segue a mercar roupa e máis roupa de inverno. é o típico de outono. da igual o tempo que faga. hai que mercar roupa de inverno. o outro día vinte graos de noite, hoxe case trinta de día. en fin.
o mundo non sabe o que quere. e para que negalo... eu creo que tampouco o sei... SaBí !!

Friday, October 27, 2006

Final dos finais que non é o mesmo repetido

Aínda que tu non o sepas, non escribo nunca o remite para non revelarte. aínda que tú non o sepas, a veces os teus pequenos xestos roubanme fugaces sorrisos. aínda que tu non o sepas, aqui rematou unha historia. que nunca coñeciche, porque é froito do meu microcosmos. da que nunca vas ter coñecemento, porque existe un pacto de silencio implícito entre os sabedores do conto facsimilar-blogueiro.
assim que. o conto rematou. pero comeza un aínda mellor. un conto con agasallos!! tempo que a veces regalas para ensinarche, contarche, describirche o mundo e o meu mundo.

obrigado pela súa atenção !!

Sunday, October 22, 2006

La soledad a mi me fascina... soledad...

Unha sopa. [de sobre]. dous libros. un libro. Concubinas. unha cidade. compo stellae.campo estrelado. compostela. un olor. castañas na porta faxeira. unha ducia, graciñas. percorrido húmido-cultural. revisión da axenda do día. dúas obras de teatro. un filme nos compostela. dez, dez e catro cincuenta. segue chovendo. a xente non para. segue na rúa. na cidade de pedra non importa que chove. na cidade de cemento e formigón, si. cruzas a fronteira. anceias como nada no mundo chegar á casa. a fronteira non é só fronteira cromática ou ambiental. é fronteira psicolóxica. o atravesala nun ou noutro sentido pode cambiarche o humor. o agrado ou desagrado de saír á rúa. dirección norte, agrado. dirección súl, desagrado. unha cidade máxica, con sensacións máxicas...

Friday, October 20, 2006

Escribe no ar!

Liña 5: Conxo/Estación/Vite

-Mamá, ¿que pone aí?
-No sé, está escrito al revés
-¿Que letras son?
-Pues... una "d"...una "a"...
-¿Y las otras?
-Una "n" y una "e"
-¿Y eso como se lee?
-¿Que pasa que no sabes leer ahora? Se lee "dane"...
-Ahm... ¡¿y eso que significa?!
-¡¡Estáte quieto que te vas a caer!!


Dane significa... eu e as consecuencias de ser eu ou ser coma eu...

Por que te fuche sen despedirte?

O día ten horas nas que non se pensa. horas ameba. pim pam pum. vives rápido. un, dous, tres. danzas sen compás nin patrón. agárraste a ela e non a soltas. os minutos pasan despacio. pero gozando. cóllela con forza. que ninguén te afaste dela. o seu olor inconfundible, perfume indispensable da noite. todo é máxico. ti segues a danzar. o ritmo é o de menos. quérela. queres que ese momento con ela non acabe nunca. pero de repente. sen previo aviso. marcha. arrebátancha. e ti?. non choras. eres forte. hai máis coma ela. pero o momento dela nesa noite. xa non volverá. non a verás nunca máis. o pouco tempo de noite que che quedaba por disfrutar con ela. non volverá.
Seguindo con título... nin un mísero beixo de despedida, o último da noite... a noite continuou sen ti, pero xa non era a mesma noite...

Tuesday, October 17, 2006

¡¡ NoN !!

acabo de releer o que acabo de escribir. que jodidamente materialista é o mundo!. non me extraña que me aílle a veces nun microcosmos diferente... "de amor y ternura" esto merecía unha canción de Ismael Serrano, mais non acho canción que me describa isto agora... mais, son os valores. o problema está nos valores que a sociedade invirte nas cousas. [punto]
AméLie PouLin... oBaBa...
sOña e non te fixes no que a xente di dos teus soñoS...

Historias para non saír [ou durmir según se vexa]...

"Hay demasiados tipos en este garito
Que quieren acostarse contigo
Hay demasiados aspirantes al título
De campeón del mundo
Hay demasiados cristales ahumados
Detrás del idiota de Justin Timberlake"
Quique González nunha noite americana farto das cancións de Britney Spears [ou Espírs] e de Justin Timberlake

Monday, October 16, 2006

Eu son...

Como un guante de látex... como unha lata de coca cola baleira... como un papel arrugado... como libro que lees e non volves a releer... como un dolor de muelas... como o envoltorio plástico que envolve calquera producto alimenticio e precociñado... como un plato de plástico... como un tenedor de plástico... como calquera cousa que se vos ocorra que poida ser "desechable"... e agora que fago?¿ publico?¿ non publico?¿
aíllome?¿ non me aíllo?¿ paso de todo... non paso de todo?¿
Eu báixome aquí...
ti si queres, sigue... pero eu, baixo... porque me acabarán doendo os ollos... e porque teño que botar paredes abaixo, sacar o escombro, cargalo e descargalo, limpar todo para logo poder comezar a levantar novos tabiques...

Saturday, October 14, 2006

senSación de vaCío

"Ya sonó el despertador. me levanto bruscamente. voy al baño y que bajón... el espejo nunca miente!"
"Ojos de serpiente" [Fito & Fittipaldis]

Friday, October 13, 2006

Pintadas...¿pintadas?



Parede da estación de autobuses e do FEVE de Burela
Digo ¿pintadas? porque no fondo paréceme unha ofensa chamarlle a isto pintada...[ao da dereita claro está, o da esquerda si que é unha pintada...]... esto é... "poesía na rúa"...muahahaha... bueno "expresión emocional na rúa" deixémolo aí. a cuestión. ti ves isto, e podes pensar de todo. o primeiro que farás como todo fillo de veciño fixo ao vela, é pensar, quen será señorita... será a profesora? todos algunha vez lle chamamos señorita... ou será así como lle chama á súa namorada... ou será será... en xeral, para que cada señorita que haxa en Burela se sinta identificada con esas liñas... quen sabe! pero claro, se me autopregunto... a ti que che gustaría que significase?? a min, gustaríame que os tiros foran pola última opción... porque sería como si eu pintase... "quérote moito fada" nunha parede... todas as fadas se sentirían halagadas... porque non se sabería a quen vai dirixida a frase... porque como todos/as sabedes... as fadas están en todos lados... as fadas que traballan en pastelerías... ou en supermercados Dia... ou as fadas que traballan en peluquerías... ou como non... as fadas que van ás facultades polas mañás... o mundo está cheo de fadas... só que moitas, non saben que o son...

Thursday, October 12, 2006

Nas sombras...


Unha felicitación escrita na sombra por estar sempre dentro da miña sombra para termar de min cando tropezo e estou a piques de caer...

Wednesday, October 11, 2006

De todo se pode sacar da rúa...

"Non hai peor ladrón que o que rouba un céntimo"
...e quen rouba ó patrón... cen anos de perdón!

Sunday, October 08, 2006

Xa teño a equipaxe completa...

faltaban. non sei porque hai sete días non notei a súa ausencia. pero agora xa volven a viaxar conmigo. a compartir tempo. rúa e tolemia conmigo. dous trozos de madeira recubertos de goma de bicicleta. un trozo de aluminio recuberto de cinta aislante vermella e negra. cun cable rodeandoo. e dous rollos de goma de bicicleta en cada punta...
a felicidade elevada á mínima potencia!! porque algo tan insignificante é raro que produza tanta felicidade...

Saturday, October 07, 2006

Foi todo como un soño...

... de cereixas e rosas. Falo máis dun amor, que nunca existiu. foi só como un ceo pintado de cor. de apertas e tenrura que as rúas borraron. foi como un soño, que nunca existiu. foi como un soño... que nunca existiu. fun tan pouco na túa vida. unha nube de paso. o sol dunha primavera que na túa man habitou. con miles de caricias, non me digas que non. foi como un soño... que nunca existiu...
Fue como un sueño, Antón Seoane

semeLLanZas

Nin eu son Humphrey Bogart... nin ti Ingrid Bergman...
pero eu...
...tamén che deixaría ir con el.

Friday, October 06, 2006

Non quero saber nada...

Os espellos non me din nada. nin me din si. nin me din non. nin me din apártate de diante miña. os espellos deberían estar prohibidos. non quero máis espellos que dous ollos que me miren. non os quero non. si puidera faríame invisible aos espellos. que ao mirar para eles non reflexaran nada. só luz. a luz é bonita. invándenme mil sensacións extrañas. gústame estar na estación en Compostela. saber que veño para aquí. falar por teléfono antes de marcharme da estación. dar e devolver perdudas. que pouca cousa me fai feliz. a que si? pero son as pequenas cousas as que fan que me aguante de pé a maior parte das veces. gústanme as pequenas cousas. gústanme as apertas. non quero escribir. pero estouno facendo simplemente porque confío en que me axude. porque podería ser un antídoto. o espidifen para o final dunha semana de dor de cabeza.
voume sentar a agardar. fumando un de picadura. sentado nun portal. vendo á xente pasar. e ao tempo. e volvereime a rir só. como fago cando te vexo feliz.
Déixoche unha invitación. un café. déixoche unha canción. un principio.

Salta aunque nadie te comprenda por encima de cabezas huecas salta como un gato que tu no eres un pájaro, salta aunque nadie te comprenda por encima de cabezas huecas salta como un gato nunca más serás un pájaro enjaulado,salta salta salta.

Wednesday, October 04, 2006

De compras...

Ola bos días. quería un escravizador aínda máis agresivo e ferinte que o que teño. sería posible?. que tipo de escravizador lle gustaría levar desta volta? pois non sei. como son algo masoca. pois un que teña uns pinchos ben grandes e que amarguen ben. bueno, temos aqui un escravizador último modelo que nos acaba de chegar, é macanudo! ten como agulliñas pequenas que se che van cravando aos poucos e soltan como unha especie de veleno, non identificado aínda. Carallo!! como evolucionou o mercado dos escravizadores eh!! en dous meses que non veño por aqui. moito cambiou!. Si, a verdade é que si. Pero por outro lado ten que ver normal que evolucionase tanto. A demanda é moi grande. Xa se sabe... hai moito parvo solto polo mundo... moito parvo disposto a seguir sendo parvo e seguir escravizándose...


PD: Ogallá que as follas non che toquen o corpo cando caian, para que non as podas convertir en ...coitelos