Friday, October 06, 2006

Non quero saber nada...

Os espellos non me din nada. nin me din si. nin me din non. nin me din apártate de diante miña. os espellos deberían estar prohibidos. non quero máis espellos que dous ollos que me miren. non os quero non. si puidera faríame invisible aos espellos. que ao mirar para eles non reflexaran nada. só luz. a luz é bonita. invándenme mil sensacións extrañas. gústame estar na estación en Compostela. saber que veño para aquí. falar por teléfono antes de marcharme da estación. dar e devolver perdudas. que pouca cousa me fai feliz. a que si? pero son as pequenas cousas as que fan que me aguante de pé a maior parte das veces. gústanme as pequenas cousas. gústanme as apertas. non quero escribir. pero estouno facendo simplemente porque confío en que me axude. porque podería ser un antídoto. o espidifen para o final dunha semana de dor de cabeza.
voume sentar a agardar. fumando un de picadura. sentado nun portal. vendo á xente pasar. e ao tempo. e volvereime a rir só. como fago cando te vexo feliz.
Déixoche unha invitación. un café. déixoche unha canción. un principio.

Salta aunque nadie te comprenda por encima de cabezas huecas salta como un gato que tu no eres un pájaro, salta aunque nadie te comprenda por encima de cabezas huecas salta como un gato nunca más serás un pájaro enjaulado,salta salta salta.

4 comments:

Anonymous said...

A veces las pequeñas cosas son las que hacen que la vida tenga un poco de sentido, aunque lo mejor es no buscar ese sentido, vivir sin darte cuenta...

Anonymous said...

a min gústanme as estacións de tren en xeral... pero en ningunha sorrío tanto como na de Compostela... aínda teño morriña.

DaNe said...

O malo é que eu a única estación que piso é a de bus. Estación que en Santiago é o máis gris e frío que pariu nai. Non ten calidez. A de tren si. Mañá igual estreo a estación de tren...

Anonymous said...

ainda que eu non empregue moito as estacións xq vivo e son de Compostela, e ainda que son mais de marquesinas de bus bertamirans-compostela..encantame chegar a elas...encantame chegar á miña,a compostela.