Wednesday, October 04, 2006

De compras...

Ola bos días. quería un escravizador aínda máis agresivo e ferinte que o que teño. sería posible?. que tipo de escravizador lle gustaría levar desta volta? pois non sei. como son algo masoca. pois un que teña uns pinchos ben grandes e que amarguen ben. bueno, temos aqui un escravizador último modelo que nos acaba de chegar, é macanudo! ten como agulliñas pequenas que se che van cravando aos poucos e soltan como unha especie de veleno, non identificado aínda. Carallo!! como evolucionou o mercado dos escravizadores eh!! en dous meses que non veño por aqui. moito cambiou!. Si, a verdade é que si. Pero por outro lado ten que ver normal que evolucionase tanto. A demanda é moi grande. Xa se sabe... hai moito parvo solto polo mundo... moito parvo disposto a seguir sendo parvo e seguir escravizándose...


PD: Ogallá que as follas non che toquen o corpo cando caian, para que non as podas convertir en ...coitelos

2 comments:

Noa said...

o importante é disfrutar e non convertirte en escravo. algo que te escraviza non pode ser bo. se te escraviza libérate. e o mellor de todo é que te faga libre.

DaNe said...

o difícil é atopar algo que te libere. supoño que ás veces é certo eso de un cravo quita outro cravo. supoño que todo vai mellorando co paso dos días. que aínda van moi poucos días de curso. supoño que si agardo todo irá mellor