
Parede da estación de autobuses e do FEVE de Burela
Digo ¿pintadas? porque no fondo paréceme unha ofensa chamarlle a isto pintada...[ao da dereita claro está, o da esquerda si que é unha pintada...]... esto é... "poesía na rúa"...muahahaha... bueno "expresión emocional na rúa" deixémolo aí. a cuestión. ti ves isto, e podes pensar de todo. o primeiro que farás como todo fillo de veciño fixo ao vela, é pensar, quen será señorita... será a profesora? todos algunha vez lle chamamos señorita... ou será así como lle chama á súa namorada... ou será será... en xeral, para que cada señorita que haxa en Burela se sinta identificada con esas liñas... quen sabe! pero claro, se me autopregunto... a ti que che gustaría que significase?? a min, gustaríame que os tiros foran pola última opción... porque sería como si eu pintase... "quérote moito fada" nunha parede... todas as fadas se sentirían halagadas... porque non se sabería a quen vai dirixida a frase... porque como todos/as sabedes... as fadas están en todos lados... as fadas que traballan en pastelerías... ou en supermercados Dia... ou as fadas que traballan en peluquerías... ou como non... as fadas que van ás facultades polas mañás... o mundo está cheo de fadas... só que moitas, non saben que o son...
3 comments:
inspiroume moita tenrura a pintada esta... é moi sentida en calquera das tres opcións... :)
pintada?! ¬¬ xDDDD ;b
Faltoume decir que é medio misterio... porque a borran... e vólvena a pintar... digamos que o amor pola señorita é imperturbable...
Uhmm nose yo toi Mal hoy para opinar pero "señorita" rs un buen calificativo "señorito" para designar algo o alguien jejejje kien sabe y a kien sera
Post a Comment