Luns, un de outubro de 2007
Seino... admítoo... non pasaron nin 24 horas e xa che estou escribindo... pero é que creo que pouco a pouco me volverei a sentir vivo... e necesitaba contarcho, aínda que agora estou falando dende o pasado... pasado para o presente de cando leas esto... ;b
Ademáis... como che dixen á mañá... os 18 días sen verse, reducíronse en principio en 9... o día 9 conto con verte... aínda que pouco tempo que logo ao día seguinte tereime que erguer cedo para ir a Vigo coller o avión...
Volvín á rutina do curso... e xa son un pouco máis feliz... agora creo que vou pasar a semana organizando dalgún xeito algo para o xoves á noite... gustaríame que despedisemos a Chepi todos os de clase... a ver como amaño con Alba, xa se sabe... non creo que queira ou lle pareza ben a idea dos de clase... seguro que quere facerlle algo ela... non sei, haberá que negociar... que pena me da que marche... pero por outro lado, xa foi a clase e di que lle encanta... polo tanto por ese outro lado contentísimo de que atopase a súa facultade académicamente! :D
Quérote moito... aínda que non me deixes sacarche a bailar en pistas de pedra con tunos de banda sonora orixinal... ;b
P.D.: Espero que cando che diga como tes que ler o blog... empezando polo que está escrito abaixo de todo... o fagas... e non como coas películas que lle das adiante a todas... xD
No comments:
Post a Comment