Tuesday, October 23, 2007

Por que pensarei tanto?

Estaba a ler a última entrada do blog de Suso Lista que fala sobre a posibilidade de que o mar seque e nos deixe ver todo o que agocha... montañas e pradeiras submarinas... incribles animais que saltarían nas pozas do seco...

Esto lembroume outra posibilidade destas irreais que un verán deu moito que facer e cando o penso tamén segue a darme que facer... qué pasaría se o mundo se detivese de repente... si deixase de xirar a Terra sobre sí mesma... sairíamos todos despedidos cara o espacio?... a verdade é que fantaseando... non me preocupa a posibilidade da morte durante o accidente... preocupame perder todo canto teño e aparecer nun sitio alleo a min... o todo que temos sempre é moito; lugares, persoas, cousas, vidas...

En fin... que o mundo siga xirando e que a función non remate...

Entre outras cousas, creo que as aulas este curso me están influíndo demasiado... canto de tolo acabarei en xuño? quen sabe...


Deja que la locura sea cultura... que el dolor se muera de placer...

1 comment:

A Conxurada said...

Eu fágome a mesma pregunta todos os anos.