Tuesday, October 02, 2007

Fráxil como o cristal

Odio como me sinto á noite cando todo se bota a durmir e non hai chamada no teléfono... cando non hai a túa voz... e síntome fatal... síntome fráxil e espido... débil... é como si non fose forte, como si non me gustase ter esta sensación de botarte de menos... é como se me sentise inferior por tela...

Cando podo escribirche coma onte... é polas noites... e hoxe (segundo día) xa nin teño forzas para facelo...

¿Qué tiene tu veneno...? Que me quita la vida solo con un beso... y me lleva a la luna... y me ofrece la droga que todo lo cura...

4 comments:

Noa said...

la noche debilita los corazones...

Raposo said...

Eu non creo que a noite debilite os corazóns, penso mais ben que daquela se amosan en estado puro.

DaNe said...

Eu creo que máis ben é o segundo... á noite os corazóns quedan sen o envoltorio do traballo das présas e doutras cousas que nos ocupan plenamente durante o día... e é aí nese quedar desnudo dos corazóns cando sae a súa doce e a veces triste realidade.

Noa said...

non están máis débiles sen envoltorio? cando nos amosamos en estado puro somos máis débiles porque atacan o que de verdade somos, e non o envoltorio que nos disfraza, que ó fin e ó cabo, pouco importa.