Estiven agora repasando o ano 2007 en imaxes e posts do fotoló... que medo me dou a min mesmo! como se cambia en pouco tempo de preocupacións, de alegrías, de vida, de todo... é incrible... esto é como a caixa de bombóns da que falaba Forrest Gump... e que sorte que sexa así! senón esto ía ser un jodido coñazo monótono... como o do profesor que leva corenta anos dando a mesma asignatura, que non varía dun curso para outro e que o acaba por converter nunha máquina de repetición curso tras curso...
Pensas que o sabes todo do teu pasado... pero non é así... iso si, remexendo no teu fotoló podeste dar conta de moitas cousas, e aprender por exemplo, como foron cambiando moitos sentimentos... porque de xeito natural non somos conscientes de cando sucede esa transformación... en fin... que por un lado... está ben isto dos flogs e blogs e as novas tecnoloxías...
pero eu sigo querendo unha casa con chimenea e horta... e autónoma... ou sexase; quero unha ecocasa.
Beixocas para o mundo enteiro!
1 comment:
Cambiamos continuamente, e a maior parte das veces sen nos decatar.
A min tamén me asusta o tempo, e tamén quero unha ecocasa.
Saúdos.
Post a Comment