Agora enténdoos... agora teño ese porqué de longas siestas de fin de semana que nunca vira neles...
non hai peor cousa que unha cama medio vacía despois de estar completa... o sábado á noite tardei un pouquiño en adormecer... bueno, sinceramente, tardei como case unha hora... a cama facíaseme grande... hostil aínda que non tiña frío...
estas sensacións... poderíanse xuntar con eso de que quererse tanto non é bo... durmir xuntos tampouco é bo... afaise un... e logo non hai xeito de quitarse deso...
non hai como adormecer preto túa... enredados... coa túa cabeza enriba do meu peito... co teu pelo preto... pretiño da miña cara... de xeito que o poda cheirar... acariñalo...rizo a rizo...
no hay mejor lugar, que entre las nubes de tu pelo... para revolver la droga con los versos...
que droga? ti saberás a que das... versos? os de Benedetti que mando nesas mañás que teñen un pouco da moña que non pasou e da resaca que está por vir...
En fin... que este pobre enamorado se vai deitar... só, agardando con soñar contigo.
Mil beixocas!
4 comments:
As camas ao quedarse baleiras son insoportabeis.
Ben. xa fixen o teu encargo, pásate a velo e xa me dirás que opinas.
encantame o teu blog,polo menos a paxina do domingo,vese que a queres de verdad espero que sea asi.algun dia saberas quen son de momento....siguea querendo igual que a quero eu non a defraudes nunca(non son un tio podes quedar tranquilo)
Veño a contestar o teu comentario na miña blogue.
Creo no amor como unha enfermidade, pero a mellor enfermidade do mundo, eu quixese estar enferma toda a vida, se a enfermidade é compartida, claro está.
Tamén creo que o amor se transforme, a paixón e os primeiros anos non duran eternamente, pero se consegues transformar ese amor do principio, noutra clase de amor, baseada no cariño, o respeto, e a necesidade( si sei que matino moito no da necesidade, pero é o trazo máis obxectivo que atopei para definir o amor), e un millón de cousas máis...considérate afortunado, e sobre todo intelixente.
Data de caducidade, non podo contestar a esa pregunta nin poderei xamais, pois depende da persoa, o tempo e unha infinidade de factores.
Bicos.
estás completamente enganchado... mimá.
Post a Comment