Onde está a liña fronteiriza entre o normal e o anormal? a conducta anormal e a conducta normal...
xa non só limitandoo ás patoloxías, senón ás formas (xeito de vestir, de vivir, de comer...).
En canto ao primeiro dos casos... patolóxicamente falando... non creo que sexa unha liña... creo que é unha franxa... a liña é demasiado delgada, a franxa non. Outra cousa, de que lado é máis convinte estar, é preferible estar cerca desa liña, pero de que lado dela? quen é capaz de debuxar esa liña ou franxa? é imposible... só os extremos se salvan e fan posible a súa clasificación... pero os extremos non nos interesan, teñen un carácter negativo.
Cambio de rexistro, estaba falando de algo que afecta ás persoas pero sen falar de ninguén en concreto. Vou facer caso aos profesores, non vou botar balóns fóra, son persoa e podo extrapolar moitas cousas da teoría a min mesmo... por certo, ódioo os compañeiros que non son capaces de mirarse a sí mesmos e atopar en sí mesmos problemas que se comentan en clase, como por exemplo a falta de empatía e sensibilidade... somos persoas con defectos que compre remediar... senón... que aspiras a ser? mete o teu expediente polo cú e dalle voltas... non che serve
Iso... falando dende min e por min... ese era o rexistro que ía comezar...
excentricidade, extravagancia... váiseme? pode... pero delimitademe o racional, o normal e o correcto... comentádeme o negativo desa miña forma de ser... eu coméntovos o positivo si queredes...
non me afecta en nada... pero sí me da algo polo que sorrir cando non hai porque sorrir... cando chove e fai frío... xa sabedes que é a miña doce loucura... é un xeito raro de ver optimistamente a vida... outras imitan palomos... somos unha especie diferente...
pero gústame
Posdata/encargo á misteriosa (e única, salvo fugaces comentarios de noa) comentarista do meu blog... definición de amor como estado, gracias.
2 comments:
Son eu a misteriosa comentarista? Ben, pois si é así, algo farei, cando o teña listo( porqué é algo para polo menos madurar un pouco), será avisado. Conto que este findesemana estará listo.
Saúdos.
This is great info to know.
Post a Comment