Thursday, October 25, 2007

Tamén me é diferente

Aínda que penses que non... para min tamén é diferente (é que o falamos onte á noite... relembroo...) ... tes razón cando me dis, aínda me viche onte... e seino, pero é que non son capaz de ser impasible á sensación que é verte... non son capaz de controlalo nin quero... bueno, si che molesta, sí que o controlarei... xa sabes teño esa extraña costume de preocuparme polos teus sorrisos, o teu estar ben... e o costume máis raro que teño, ser cariñoso... "estás raro"... muahahaha

pero é que non o podo evitar! non podo evitar ter a necesidade de darche a dose de mimos diarios... e sí!! son un conacheiro pasteleiro!! e que?! pero é que como nunca se vai dar cambiado o mundo... polo menos quero contribuír un pouco a que o mundo que me rodea, as persoas que me rodean sexan felices e valoren os sentimentos, os abrazos e o amor... amor en xeral, amor de amigos, amor de coñecidos, amor de nós, amor,amor...

Porque o mundo é unha obra de teatro escrita en drama onde parece que non hai lugar para quererse entre as persoas... onde a palabra amor é un tabú... é cursi decila... non se pode decir... senón serás estigmatizado de cursi... por eso hai que poñerlle no seu guión abrazos e beixos...

E vou seguir igual... preocúpome polas cousas polas que me preocupo... as túas eleccións que nunca elixes, o teu estar agusto... porque me encanta verte sorrir... verte de festa... verte feliz... verte ti radiante... porque me gustan os teus bicos espontáneos de felicidade... cando te me quedas mirando, sorrís e me bicas de golpe...

Non sei si se me entendeu todo o que quería transmitir... pero non sei, agora mesmo estou obtuso, non che sabería explicar moito mellor... pregúntamo se tes dúbidas! perdoa esta doce locura que me baña...

No comments: